spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraEspecialistas de toda España reivindicarán en Pontevedra a vixencia da obra e...

Especialistas de toda España reivindicarán en Pontevedra a vixencia da obra e o legado de Antonio López

O Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe a exposición en homenaxe a Antonio Palacios
Palacios da Comunicacións, na actualidade é o Concello de Madrid

O Museo de Pontevedra acaba de abrir a inscrición ao simposio ‘Antonio Palacios. Obra e legado’, que se celebrará do 4 ao 6 de abril. Máis de 20 arquitectos, investigadores e especialistas na figura de Palacios procedentes de universidades, museos e outras entidades de toda España, achegarán diferentes perspectivas sobre a modernidade da obra do arquitecto porriñés e o seu impacto no patrimonio galego e madrileño, principais escenarios do seu legado.  A inscrición pode realizarse na web museo.depo.gal.

Revista Cousas De Nº20

O simposio, organizado polo Museo e o grupo de investigación IDEAHS da Universidade de Santiago de Compostela (USC), desenvolverase en varios escenarios: o xoves 4 e o venres 5 de abril, as conferencias e mesas redondas terán lugar no Edificio Castelao, en horario de mañá e tarde. O sábado 6 de abril resérvase para unha saída conxunta na que se visitarán algunhas das principais obras de Palacios no sur da provincia de Pontevedra, percorrendo os municipios de Vigo, Nigrán, Baiona, O Porriño e Mondariz-Balneario.

Mosteiro da Visitación das Salesas Reais

O simposio está dirixido por Jesús Ángel Sánchez, catedrático de Historia da Arte da USC, e Álvaro Bonet, arquitecto da Universidad Politécnica de Madrid. O simposio achega diferentes visións actualizadas de expertos na obra de Antonio Palacios, incluíndo algúns dos estudosos que desde os anos oitenta do século XX veñen chamando a atención sobre a modernidade e leccións da boa arquitectura materializadas polo porriñés.

Antonio Palacios: O templete do Metro madrileño no Porriño

Francisco Javier Pérez Rojas, catedrático de Historia da Arte da Universidad de Valencia, será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural, na que disertará sobre como unha exposición do Museo Municipal de Madrid en 1987 supuxo un punto de inflexión na valoración do traballo de Antonio Palacios. Tamén Luis Sazatornil, da Universidad de Cantabria; Álvaro Bonet; Alberto Tellería, de Madrid Ciudad y Patrimonio; o arquitecto Jacobo Armero; Óscar da Rocha, do Instituto de Humanidades Francesco Petrarca; Rosalina Aguado, do Taller de Cerámica Aguado; Yolanda Pérez e José Ramón Soraluce, da Universidade da Coruña;  e Alfredo Vigo e Jesús Ángel Sánchez; da USC, abordarán diferentes aspectos da obra do arquitecto porriñés.

Memoria da Fonte de Troncoso. Unha obra de Antonio Palacios en proceso de recuperación

Tamén integran o programa do simposio as colaboracións de especialistas no contexto arquitectónico internacional e nacional, nas artes que completaron a calidade estética dos seus edificios, desde a escultura ata a cerámica, ou nas conexións vitais e profesionais que foi tecendo con diferentes lugares da súa andaina vital. Neste espectro moveranse as intervencións de Luis Sazatornil, da Universidad de Cantabria; o arquitecto Juan Manuel Armero; Antonio Perla, da UNED; e Cristina Gómez, do Museo Zuloaga.

A Xunta prolonga dous meses a exposición de Antonio Palacios do Museo do Mar de Galicia

As mesas redondas que pecharán cada xornada abrirán ademais a posibilidade de achegar outras miradas máis plurais á obra de Antonio Palacios a cargo de arquitectos, historiadores, responsables de museos e comisarios de exposicións. Desde o papel pioneiro que tivo na aplicación do granito das canteiras do Porriño ata o interese pola conservación do patrimonio histórico, pasando pola integración da arquitectura nas paisaxes urbanas e rurais, estas outras valoracións da súa obra serán obxecto de diálogo entre os convidados.

O templete de Antonio Palacios “volve” á Gran Vía madrileña 100 anos despois

Celebrarase do 4 ao 6 de abril no Museo de Pontevedra, e incluirá a visita ás súas obras máis emblemáticas en Vigo, Nigrán, Baiona, O Porriño e Mondariz-Balneario

Na primeira mesa redonda participarán Alejandro Lorenzo, alcalde  do Porriño; María Morente, do Museo de Bellas Artes de Málaga; o arquitecto César Portela; e Isabel Ordieles, de Hispania Nostra. A segunda mesa redonda reunirá arredor do legado de Palacios en Galicia á comisaria de exposicións Pilar Corredoira; Felipe-Senén López, da Real Academia Galega de Belas Artes, Santiago Rodríguez, da USC e Ruth Varela, do COAG.

O Templo Votivo do Mar en Nigrán, un collage arquitectónico

Visita ás obras de Palacios

A través das contribucións reunidas nos relatorios e mesas redondas, o simposio pretende transmitir ao público as liñas principais do ambiente arquitectónico que rodeou a Antonio Palacios, revisar o catálogo de obras que integran a súa produción, completar a panorámica das súas colaboracións con outros artistas, e valorar o legado dos edificios construídos ou proxectados, a aportación que fixeron na arquitectura e no patrimonio do país.

A maioría dos edificios que deseñou para Galicia atópanse na provincia de Pontevedra, polo que a terceira xornada do simposio, o sábado 6 de abril, resérvase para visitar estas construcións: en Vigo visitarase o Teatro García Barbón e Banca Viñas Aranda; en Nigrán, o Templo Votivo de Panxón; e en Baiona, a Virxe da Rocha. Despois do xantar, a expedición achegarase ao Porriño, vila natal do arquitecto, para visitar a Botica Nova, a fonte do Cristo, a Casa Consistorial e o templete do Metro de Madrid. A xornada péchase coa visita ás súas obras para o conxunto do balneario de Mondariz.

- Publicidade -spot_img