spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeza e Tabeirós - Terra de MontesO antigo mercado popular dos Pendellos de Agolada

O antigo mercado popular dos Pendellos de Agolada

o-antigo-mercado-popular-Dos-pendellos-de-agoladaO recinto dos Pendellos de Agolada e unha construción de orixe medieval única en Galicia e eran un punto de encontro comercial no que dende diferentes puntos da xeografía se acercaban a mercar o gando e os produtos típicos.

Un pendello é unha construción de laxas de pedra, con tellado curvo colocado encima dunha estrutura de madeira, normalmente elaborada con vigas de castiñeiro. Están datados do século XVIII e chegaron aos nosos días, en moi bo estado, mostrándonos a esencia da cultura e a forma de vida nesta época. Contan que a Feira do Doce era unha das principais feiras de Agolada e que atraía a xente dende diferentes puntos da xeografía.  

Declarados Conxunto Histórico-Artístico en 1985, estas construcións son un signo de identidade da historia, patrimonio e cultura de Galicia, que hoxe en día seguen acollendo diversas actividades principalmente de carácter cultural e social.

Co nome de “pendello” desígnase en Galicia unha construción próxima á casa, que ás veces só ten tellado e que se utiliza para gardar os apeiros de labranza, a leña e outros obxectos.

Os pendellos da feira son construcións sinxelas, funcionais, pensadas para usos concretos e diversos: gorecer aos feirantes nos distintos momentos da feira, pero desprovistas de grandes solucións arquitectónicas ou ornamentais.

o-antigo-mercado-popular-Dos-pendellos-de-agolada

 

Por si soas, individualmente, poderiamos afirmar que carecen dun valor arquitectónico reseñable, pero o conxunto goza dun marcado carácter, conferido polo pouso dos séculos, a harmonía espontánea e non planificada das construcións, a uniformidade e nobreza dos materiais, a disposición dos espazos, a proporción e escala dos edificios, a rusticidade práctica ou a simplicidade das solucións construtivas. Ademais desta mostra de historia, hoxe en día, aínda que son propiedades privadas ou descoñecidas, cando se organizan as festas ou eventos con toques medievais, leste é o lugar idóneo para pasar o día.

ARQUITECTURA POPULAR

Hai tres tipos de pendellos con características estupendas para as feiras. O Pendello Expositor, para ensinar a mercadoría ou alugalos para iso. O Pendello Comedor, son os de maiores dimensións de cantos hai no recinto. A eles acudían ops clientes co “pulpo”, traído desde a caldeira dos “pulpeiros”. No pendello mercaban o pan, o viño, a carne ao caldeiro, o café, a augardente. Pendello Almacén, é un tipo de caseta pequena, de propiedade privada para uso do propietario e raras veces para alugar. Nestas casetas o propietario gardaba a besta ou o gando en caso de o necesitar. Gardaba as compras que ía facendo ao longo do día namentres non chegaba a hora de voltar á casa

o-antigo-mercado-popular-Dos-pendellos-de-agolada

Polo tipo de construción e os materiais que interviñeron na súa construción, soubo xestionar os inconvenientes do paso do tempo ata o día de hoxe. Poderíase dicir que son similares a muros con tellado, que manteñen os termómetros inmóbiles no seu interior nos veráns máis calorosos. Nos invernos, acompañados dunha lareira, estas pedras manteñen a calor sen deixar que se escape nada… Eran inmellorables entón, e seguen sendo moi útiles hoxe en día.

Sucumbiron á especulación dos anos 70 e 80 do século XX, baixo o desarrollismo mal entendido, en que se interpretaba que este tipo de construcións non tiña ningún valor e compría substituílos por edificios máis actuais.

Aínda así, adentrarse hoxe nos Pendellos de Agolada é coma recuar no tempo e experimentar a sensación de ir á procura de pretéritas e anónimas historias. Ademais de ser unha excelente oportunidade para contemplar a sinxeleza e maxestade da pedra granítica en toda a súa rusticidade, ocasión para admirar o pragmatismo dos construtores desta arquitectura do pobo, momento para reencontrarse cun fragmento relevante da  historia  da Galicia rural e campesiña: o pasado das feiras.

Referencias:

Concello de Agolada

http://gl.wikipedia.org/wiki/Agolada

www.editorialcanela.gal

www.turgalicia.gal

www.arquitecturapopular.es

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.