A revista COUSAS DE comezou a súa andaina na primavera de 2010. Publicada por Ediciónes Basan S.L., ten a súa sede na cidade de Vigo, e é tamén a editora da súa edición dixital COUSASDE.COM.
COUSAS DE é unha revista de información, que inclúe principalmente temas de actualidade e reportaxes, sendo a nosa liña editorial a de por en valor todo aquelo que se fai no ámbito do social e cultural, incluíndo en cada número ademáis todo tipo de información de interese para os seus habitantes. Tamén seccións adicadas a coñecer mellor o teu: Patrimonio cultural e natural, Medio Ambiente, Educación, Cooperación transfronteiriza, Galicia Solidaria, historia, lendas, rutas e lugares, etc.
Só desde o orgullo e o coñecemento do propio é posíbel o progreso. Luis Seoane
Ao longo destes anos, a revista COUSAS DE converteuse nun elemento moi importante da vida galega, con especial incidencia na provincia de Pontevedra.
Cunha cobertura máis ampla, a edición dixital púxose en marcha en agosto de 2014, permitindo facer chegar aos nosos lectores aquela actualidade que interésanos e suscede entre número e número, a través da nosa web e das súas redes sociais, principalmente da provincia de Pontevedra e das súas bisbarras.
QUEREMOS QUE PRESUMAS DE POBO
EDICIONES BASAN S.L.
C/ López de Neira nº3 3º Vigo CP 36203
TELF. 626.993.480 CIF: B-27751312


