Condicións de contratación.
1 *O prezo dos anuncios será o que corresponda pola súa natureza, segundo a tarifa en vigor. Os impostos non están incluídos e correrán sempre por conta do anunciante.
2 * Os orixinais deben remitirse a cousasde@cousasde.com, preferentemente en formato PDF, en perfectas condicións de reprodución, non facéndose responsable a revista daquelas insercións defectuosas como consecuencia dos fallos destes dos anunciantes.
3 * Todos os orixinais da publicidade deberán ser subministrados en soporte dixital. A data tope para a recepción dos orixinais e as súas ordes correspondentes será en todos os casos, 10 días hábiles antes da data de publicación.
4 * A suspensión de anuncios deberá realizarse como mínimo 10 días antes da data de publicación. Pasado este período xeneránse íntegramente os dereitos de publicación aínda que o anuncio fose anulado.
5 * Ediciones Basan S.L. resérvase o dereito de publicar os anuncios na data indicada ou noutra próxima, dacordo coas disponibilidades de espazo, quedando obrigado nestes casos o anunciante ao pagamento destes. Tamén poderá rexeitar aqueles orixinais cuxa publicación non se considere pertinente ou non se axuste ás normas desta tarifa.
6 * A orde de inserción de publicidade na nosa revista supón o recoñecemento da tarifa vixente e demais normas establecidas.
7 * Cada nova orde enviada deberá ir acompañada do seu orixinal correspondente. Edicións BasanS.L. non conservará nin utilizará orixinais de ordes pasadas para ordes futuras, polo que non se admitirán indicacións nas ordes do tipo “repetir orixinal de data anterior” e notas similares.
8 * No caso de recibir varios envíos de orixinais para unha mesma orde, tomarase como único orixinal válido para a súa publicación o último envío recibido sempre que se realizase dentro do prazo de recepción de orixinais establecido no punto 3º.
9 * Transcorrido un mes da última inserción, a Administración da revista (non está obrigada?) non se obriga á conservación dos orixinais utilizados.
10 * O pagamento dos anuncios deberá realizarse sempre con 10 días de antelación á data da súa publicación e enviar o xustificante ao departamento de Publicidade, salvo que exista un acordo previo co departamento de Administración de Ediciones Basan S.L. que autorice o pagamento aprazado ou a crédito.
Recepción de anuncios:
EDICIONES BASAN S.L.
C/ López de Neira nº3 3º Vigo CP 36203
TELF. 626 993 480
Correo electrónico : cousasde@edicionesbasan.com
CIF : B 27751312