spot_img
InicioVigo e áreaVigoMosteiro da Visitación das Salesas Reais

Mosteiro da Visitación das Salesas Reais

Mosteiro da Visitación das Salesas ReaisO mosteiro da Visitación das Salesas Reais foi proxectado en 1942 polo arquitecto Antonio Palacios e está situado no barrio vigués da Calzada de Teis, próximo á rúa Sanjurjo Badía.

O edificio é de estilo rexionalista cun certo aire medieval no que se empregan os sistemas construtivos tradicionais galegos. Antonio Palacios reflicte neste edificio a súa experiencia construtiva xa que é autor tamén doutras edificacións emblemáticas como o templo Votivo do Mar na localidade próxima de Panxón ou da actual sede do Concello do Porriño, aínda que neste caso o edificio presenta unha maior monumentalidade.

Mosteiro da Visitación das Salesas Reais

Este pavillón é a única edificación rematada da ambiciosa proposta que o arquitecto porriñés Antonio Palacios bosquexa en 1942 para este mosteiro

O proxecto inicial constaba dun gran patio en torno ao cal se dispuñan varios pavillóns e completándose o conxunto cunha monumental igrexa bendicida en 1945 aínda que finalmente só se construíu o primeiro pavillón.

O interesante é o tratamento que se lle dá ás fachadas de pedra, realizadas en cachotaría bruta, sen labra. Supón a culminación dun primitivismo expresivo que se caracteriza polo emprego de bloques de granito sen tallar e pola incorporación de referencias formais do medievo. Esta técnica dálle un aspecto rudo, a excepción dos contrafortes, recercados de vans e doelas. Estes últimos son labrados, e lisos, sobresaíndo do resto do conxunto. Unha arquitectura de autor que leva o selo inconfundible da orixinalidad de Palacios.

- Publicidade -spot_img