spot_img
InicioVigo e áreaVigo150 especies animais ocuparon xa as estructuras instaladas fronte ao Nautilus

150 especies animais ocuparon xa as estructuras instaladas fronte ao Nautilus

o-nautilus-recibe-a-visita-dos-alumnos-do-cep-sabaris-de-baionaO proxecto NaturPorts, coordinado pola Autoridade Portuaria de Vigo, avanza na integración de Solucións Baseadas na Natureza.  O seu obxectivo é recuperar hábitats costeiros, mellorar a biodiversidade e demostrar que a actividade portuaria e a conservación do medio mariño poden coexistir de forma sostible.

O proxecto NaturPorts, coordinado pola Autoridade Portuaria de Vigo e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), avanza na integración de Solucións Baseadas na Natureza para recuperar hábitats costeiros, mellorar a biodiversidade e demostrar que a actividade portuaria e a conservación do medio mariño poden coexistir de forma sostible.

Coa participación da Universidade de Vigo, a Universidade de Oviedo e o CSIC, o proxecto continúa obtendo resultados visibles tanto en Galicia como en Asturias grazas a actuacións de ecoingeniería, restauración ecolóxica e divulgación científica.

Un dos avances máis destacados atópase no Porto de Vigo, onde se desenvolve un piloto baseado na rehabilitación de arrecifes rochosos, para o que se deseñaron e instalado unhas estruturas que favorecen a fixación de algas e invertebrados, xeran microhábitats variados e crean contrastes de luz e sombra que atraen a especies con diferentes preferencias ecolóxicas. O seu deseño non só incrementa a complexidade do hábitat dispoñible, senón que tamén contribúe á bioprotección das infraestruturas costeiras, ao favorecer a formación de comunidades que amortecen a enerxía da ondada.

Un novo punto de biodiversidade

Os resultados observados ata o momento mostran unha colonización moi significativa: aproximadamente 150 especies animais sésiles ocuparon as estruturas instaladas fronte ao visor submarino do Porto de Vigo. Algas pardas, verdes e vermellas, invertebrados como ascidias, ourizos, nécoras, polbos, así como numerosos pequenos peixes asociados a refuxios rochosos, converteron estas unidades nun novo punto de biodiversidade dentro da contorna portuaria. Este crecemento confirma que as Solucións Baseadas na Natureza constitúen unha ferramenta eficaz para transformar superficies degradadas en enclaves ecoloxicamente valiosos e útiles para a recuperación ambiental.

150-especies-animais-ocuparon-xa-as-estructuras-instaladas-fronte-ao-nautilus

 

Do mesmo xeito, a restauración de praderías mariñas levada a cabo na contorna de Bouzas, representa outro dos avances crave do proxecto. Nesta zona, hanse trasplantado exemplares de Zostera mariña e Zostera noltii, dúas especies protexidas cuxo papel ecolóxico é fundamental, xa que proporcionan hábitats críticos para peces xuvenís, moluscos e crustáceos, aumentan de forma notable a biodiversidade local e, ao mesmo tempo, contribúen á fixación do denominado carbono azul, un elemento esencial na mitigación do cambio climático. Ademais, estas plantas actúan como filtros naturais que melloran a calidade da auga e axudan a estabilizar os fondos e protexer a liña de costa fronte á erosión.

As actuacións de restauración levadas a cabo en Bouzas mostran tamén sinais moi positivos: a taxa de supervivencia dos fragmentos plantados sitúase ao redor do 70% e recuperáronse aproximadamente 0,2 hectáreas de praderías mariñas, unha superficie que continúa rexenerándose de forma progresiva.

Nos próximos meses continuará a monitorización das estruturas instaladas fronte ao visor submarino e a avaliación do avance das praderías de zostera restauradas, á vez que levará a cabo unha caracterización detallada das augas e sedimentos do Porto de Vigo co fin de coñecer a súa biodiversidade actual e establecer zonas preferentes de restauración.

Pola súa banda, en Asturias, o porto de Cudillero alberga un piloto pioneiro centrado no cultivo sostible de percebes. Así, e en colaboración coa Universidade de Oviedo, hanse trasplantado exemplares de zonas pouco produtivas a estruturas portuarias con mellores condicións hidrodinámicas co obxectivo de analizar a súa adaptación, detectar posibles cambios morfolóxicos e valorar se estas técnicas poden mellorar a calidade comercial do recurso, ofrecendo alternativas sostibles para as comunidades locais dedicadas ao marisqueo. Os percebes atópanse actualmente en fase de crecemento e serán analizados nos próximos meses para determinar a súa evolución e o potencial replicable deste modelo a outras áreas do litoral cantábrico.

Divulgación e participación cidadá

Máis aló das accións técnicas e científicas, NaturPorts mantén un firme compromiso coa divulgación e a participación cidadá. Ata a data, máis de 1.700 persoas (incluíndo estudantes, asociacións e grupos de interese) participaron en actividades educativas, visitas guiadas e talleres interactivos. O observatorio submarino Nautilus consolidouse como un espazo de referencia para dar a coñecer de forma práctica os avances do proxecto.

O Nautilus abre as súas portas aos centros educativos de Vigo e a súa área

NaturPorts sumouse ademais á EU Mission: Restore our Ocean and Waters, o que reforza a integración das súas accións nos obxectivos europeos de recuperación de ecosistemas mariños, resiliencia climática e transición cara a modelos de xestión máis sostibles. A incorporación a esta iniciativa europea facilita a transferencia de coñecemento a outros portos, fomenta a replicabilidad dos pilotos e posiciona ao proxecto como un referente en innovación ambiental portuaria.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.