Inicio Val Miñor Baiona Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación:...

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño Real

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño RealOs camiños reais eran tempo atrás os nexos ou vías de unión entre diferentes núcleos de poboación e que se diferenciaban dos carreiros principalmente polas súas dimensións así coma no acondicionamento do seu firme, que a miúdo empedrábase para facilitar a circulación de carruaxes. Funcionaban como os principais motores económicos sociais entre os diferentes enclaves xa que a través deles levaban a cabo operacións comerciais aínda que en ocasións tamén eran puntos de entrada de enfermidades e epidemias. 

Na idade moderna, momento no que aínda non se coñecía a actual configuración de municipios que hoxe en día existen no Val Miñor, o camiño ou Estrada Real partía dende A Ramallosa e discorría polas vías paralelas á existente na actualidade para finalizar aproximadamente na ermida de Santa Marta. Así pois a ruta de entrada comenzaba na ponte románica da Ramallosa, dirixíase cara á parroquia de Santa Cristina, Borreiros ou San Cibrán para proseguir por unha serie de intersecciones que levaban ata Tui, Goián ou en sentido oposto cara a Vigo ou Bouzas. En dirección cara á vila mariñeira o traxecto transcorría por Viso de Calvos e a Rúa do Escándalo, actual rúa da Ponte, pasando por diferentes mananciais que servían como puntos para retomar forzas, bebedoiros ou mesmo para que os comerciantes e camiñantes “librásense” de afeccións antes de chegar a Baiona, aínda que os historiadores non puideron constatar de que realmente as súas augas posuísen calidades curativas reais.

Así pois ditas infraestrutura era posuidora dunha importancia vital para o correcto desenvolvemento das actividades diarias do principal núcleo do Val Miñor. Unha relevancia que o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) propúxose recuperar e divulgar a través dunha ruta didáctica e que tivo lugar o pasado 5 de agosto. La cita reuniu a máis de dous centenares de curiosos que, mediante as nocións dadas por Anxo Lemos, Antonio Soliño e Carlos Méixome, trasladáronse centos de anos atrás para reproducir a ruta e puntos crave que se atopan ao longo do camiño así como de curiosidades transmitidas a través do saber popular entre as que destacan: 

o-cruceiro-de-san-telmo-un-dos-simbolos-do-val-minor-luce-de-novo-sobre-a-popnte-da-ramallosa

A ponte da Ramallosa e a fertilidade

A construción de 36 metros de lonxitude componse de 10 vans, é da orde románico e nela celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade até relativamente pouco tempo. Dise que as mulleres en cinta que non conseguían ter fillos viables realizaban un conxuro en o centro de ponte e a medianoite. Consistía en mollar o seu ventre con auga do río, a continuación a primeira persoa que pasase polo mesmo despois de celebrarse era nomeada padriño da futura criatura. 

Prohibicións en torno ao camiño real no Século XVIII

Baiona como principal núcleo da época era posuidora de privilexios, tales como o da celebración da feira dentro do recinto amurallado de Monte Real e en exclusiva de maneira que se prohibiu a venda ambulante ao redor da Estrada Real. Unha situación que foi motivo de confrontacións entre comerciantes e goberno que se saldaba con multas e conflitos resoltos mesmo servíndose do exército. 

Fontes á entrada de Baiona

A miúdo puntos de hidratación para os camiñantes pero también de hixiene. É o caso da Fonte dos Gafos, situada na contorna da Ladeira e onde os leprosos lavábanse antes da entrada á vila. Neste punto fálase dunha hipotética calidade de cicatrización das súas augas aínda que non demostrada na actualidade. O termo “gafo” é definido polo dicionario xeráis da língua como o “que está afectado de lepra”. 

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño Real

O Burgo e os asentamentos comerciais

Os Burgos naceron como asentamentos de carácter militar e neles residían persoas que posuían certo nivel social entre os séculos IX e XV aínda que finalmente tomaron connotacións comerciais. Cabe destacar a existencia do Burgo novo do Miñor (Santa Marta) e Burgovedro (burgo vello), na parroquia de Borreiros. A existencia dun castro neste último levou a pensar aos historiadores José Santiago e Ulpiano Nogueira que a Baiona orixinal naceu nesta zona. Con todo a maioría das correntes coinciden en que se xestou na península de Monte Real. 

A fábrica de Puga, multada en 1936 con mil pesetas de multa

A desaparecida conserveira que se encontraba á entrada da vila mariñeira propiedade de Valentín Puga e de Godoy, acabou chamándose a fábrica de Puga en honor ao seu primeiro propietario, presidente dun triunvirato municipal en 1931. Era de grandes dimensións e albergaba un comedor para dar de comer as súas traballadoras. En 1936 o axudante de mariña D. José Rufo deu a orde de queimar os caixóns da fábrica “por dar medida falsa” e foi sancionado con mil pesetas de multa. 

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño Real

O Cruceiro da Santísima Trindade, unha xoia exclusiva

Xa en Baiona e na praza que leva a súa mesmo nome atópase o cruceiro da Santísima Trindade. Unha construción litúrxica catalogada como xoia arquitectónica e exclusiva. Fai menos dun ano foi obxecto dunha restauración integral que arroxou datos significativos sobre a mesma. A cruz foi construída no século XV e a súa principal peculiaridade é que o conxunto está arroupado por un baldaquino renancentista que data do século XVI, o que a converte nunha peza única en todo o territorio galego xunto á existente en Noia. O estado das súas policromías levou a pensar que poderían ser coetáneas ás existentes no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, unha hipótese descartada tras descubrir que foron obxecto dun tratamento de ceras a principio do século pasado. Finalmente os estudos concluíron que as pinturas se realizaron no sigo XIX. A falta de documentación impide obter unha explicación do por que da súa localización aínda que a tradición afirma que desde este enclave dicíase misa ás embarcacións que entraban na bahía para protexelas da peste pero a distancia á que se atopa do mar fai pouco probable dita teoría. 

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño Real

A hermida de Santa Marta, obxectivo do Pirata Drake

Baiona como núcleo do Val Miñor e as súas vías de comunicación: O Camiño RealA hermida, situada no barrio do Burgo da parroquia de Baíña foi obxectivo do pirata Drake para vingar os prexuízos causados aos comerciantes ingleses asentados na vila catro anos antes de arrasar Vigo. Data do século XIII, foi saqueada polos ingleses e conserva partes orixináis así como o arco triunfal interior ou a porta da fachada norte.

Por Pablo F. Estévez

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies