·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA artista plástica guardesa Gemma Marqués recibe o Premio Luisa Villalta

A artista plástica guardesa Gemma Marqués recibe o Premio Luisa Villalta

A artista plástica guardesa Gemma Marqués recibe o Premio Luisa VillaltaA artista plástica guardesa Gemma Marqués acaba de recibir o Premio Luisa Villalta a proxectos culturais pola igualdade da Coruña, polo seu traballo “Anónimas”

Proxecto Levado a cabo grazas ao apoio de Concellos como Tomiño, A Guarda, Tui, Porriño, Pontevedra, e as Deputacións como a de Pontevedra e A Coruña que desde o primeiro momento confiaron na calidade dos seus traballos ofrecendo espazos e recursos públicos para realizar murais, editar un libro, organizar exposicións, cursos, etc.

O Premio Luisa Villalta é un premio moi importante a nivel autonómico pero tamén nacional, dotado dun gran recoñecemento e unha gran dotación económica, e destínase a proxectos feministas de gran calado nas comunidades. O xurado destaca a relevancia cultural e o enfoque artístico, a perspectiva de xénero á hora de visibilizar o traballo da muller en zonas rurais, e descentralizar a loita feminista dos espazos cultos e as grandes urbes.

Gemma Marqués xestiona desde hai máis de 12 anos o seu propio espazo cultural no paseo marítimo da Guarda, CASA TALLER, www.lacasataller.net, desde onde desenvolve proxectos propios, clases presenciais de debuxo e pintura, e colabora con varias institucións, como a UNED/UNED, Universidade española de educación a distancia , onde imparte cursos desde hai varios anos.

- Publicidade -spot_img

Publicidade