spot_img
InicioBaixo MiñoVoces Novas leva o sentir da infancia sobre os dereitos dixitais ao...

Voces Novas leva o sentir da infancia sobre os dereitos dixitais ao XIII Foro de Unicef

voces-novas-leva-o-sentir-da-infancia-sobre-os-dereitos-dixitais-ao-xiii-foro-de-unicefO grupo de participación infantil e xuvenil de Tomiño trasladou ás autoridades do Parlamento galego as súas propostas para un uso seguro e responsable das redes sociais

A infancia e mocidade de Tomiño non espera a que outros decidan por eles: as e os integrantes do grupo de participación infantil e xuvenil Voces Novas representaron ao concello no XIII Foro de Participación Infantil e Adolescente de UNICEF 2025 no Parlamento galego, un encontro centrado nos dereitos dixitais e na privacidade nas redes.

Durante a sesión, Chiara, en representación do grupo, expuxo as reflexións e recomendacións de Voces Novas sobre como garantir que nenos e nenas poidan desenvolverse na esfera dixital de xeito seguro e protexido. O debate recolleu a estela do traballo iniciado no Encontro Autonómico celebrado recentemente en Nigrán, que agora os participantes trasladaron ao Parlamento galego para seguir defendendo as súas propostas colectivas.

Os obxectivos fundamentais da participación foi transmitir ás autoridades as conclusións sobre dereitos da infancia no ámbito dixital e ofrecer recomendacións para mellorar a seguridade en liña, así como reforzar o compromiso das administracións cos dereitos de infancia e adolescencia, situando ás e aos menores no centro das políticas. Unha forma de garantir que os nenos e nenas sexan escoitados nos espazos de decisión que lles afectan directamente.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia desta participación, “xa que a nosa mocidade teña voz nun foro de UNICEF é unha mostra do compromiso do Concello coas políticas de infancia e da mocidade. Queremos que os nenos e nenas de Tomiño aprendan, participen e teñan seguridade en todos os ámbitos, tamén no dixital”.

Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade, Agustín González, salientou que iniciativas como Voces Novas permiten “conectar á mocidade coas decisións que lles afectan, fortalecendo a súa cidadanía e responsabilidade, e contribuíndo a formar persoas críticas, informadas e comprometidas coa súa contorna”.

O grupo tomiñés Voces Novas continúa a súa labor como espazo de participación activa, promovendo proxectos e actividades que poñen aos nenos e adolescentes no centro das políticas locais e autonómicas.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.