spot_img
InicioGaliciaO templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos...

O templete de Antonio Palacios “volve” á Gran Vía madrileña 100 anos despois

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois
Visto desde Gran Vía

A remodelación da estación de Gran Vía inclúe a réplica en superficie do antigo templete da Rede de San Luís do arquitecto porriñes Antonio Palacios, que no seu momento serviu de fito de acceso á antiga estación de Metro.

Durante preto de 50 anos, esta obra pensada e deseñada polo arquitecto Antonio Palacios, foi un referente de Madrid. Agora, 50 anos despois, regresa ao seu emprazamento orixinal unha réplica exacta, realizada no Porriño e como no orixinal, utilizando o mesmo material: A pedra de granito. A intención do proxecto é reproducir da maneira máis fiel posible a solución orixinal que Antonio Palacios proxectou para acoller o punto de acceso á antiga estación e recuperar o gran valor simbólico que o Templete tivo durante os anos nos que estivo en funcionamento.

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois

 

Como continuación da nosa visita á empresa responsable de fabricar a réplica e coa finalidade de coñecer máis en profundidade todos os detalles destes traballos e o seu emprazamento, COUSAS DE trasladouse ata a capital de España, onde nos entrevistamos co máximo responsable das obras de Metro, Carlos Zorita. Con el percorremos cada recuncho das novas instalacións e tamén explicounos as singularidades e complexidades que encerra un proxecto deste tipo.

Ao chegar ao emprazamento e antes que outra cousa, queremos ver a parte do templete que xa está colocado. Como sabedes polo noso anterior artigo “a parte superior”, ten que esperar en O Porriño ate case o final das obras para ser instalado.

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois
Con Luis María González e Carlos Zorita (centro)

Nos están esperando Luis María González (Museo Metro) e Carlos Zorita. O primeiro que nos explica Carlos  é que un dos principais propósitos desta obra é facer a estación accesible para todo tipo de usuarios e tamén falounos da súa complexidade “Esta é unha obra en canto a enxeñería civil moi complexa dado pola súa localización, nunha contorna moi consolidada dentro da cidade, pero fundamentalmente a gran incidencia que houbo é que apareceron nas escavacións os restos do pozo orixinal do templete de cando se construíu a liña en 1919 do ascensor orixinal de Antonio Palacios”.

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois

As obras de mellora na estación de Gran Vía, renovarán e ampliarán vestíbulos e escaleiras. Preguntamos a Zorita como foi a mestura de modernidade e respecto pola historia. “A pesar do carácter histórico-artístico, imos dotar as instalacións da última tecnoloxía, serán as máis modernas de toda a rede”.

A estación de Metro de Gran Vía reabrirá as súas portas aos usuarios a partir de xullo de 2021 tras unha gran remodelación

A que será a estación máis moderna da rede, contará con 4 novos ascensores e escaleiras mecánicas, así como máquinas de venda de títulos de transporte e tornos de entrada cun deseño e tecnoloxía totalmente innovadores, “conectará o vestíbulo coas distintas plataformas das liñas 1 e 5 e con conexión de Cercanías a Sol, ademais de con a rúa.”

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois

Para levar a cabo este proxecto realizouse unha importante labor de investigación histórica deste elemento arquitectónico, que permitiu analizar as diferentes fases polas que pasou o templete orixinal, desde a súa construción en 1920, pasando pola remodelación que experimentou no ano 50 para incluír dous ascensores, ata chegar ao ano 70 no que se desmantela para o seu traslado a Porriño, localidade de orixe do arquitecto Antonio Palacios. Preténdese replicar a esencia formal inicial proxectada por Antonio Palacios.

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois
Foto: Leticia, Javier e Irene
No vestíbulo antigo existe un mural cerámico de Durán Loriga, que representa o templete coa imaxe do edificio de telefónica ao fondo. Na rede de pasadizos do Metro de Madrid, pódense ver hoxe día grandes revestimentos cerámicos deste arquitecto, urbanista, deseñador e ceramista. Cando fomos inda estaban no inicio do proceso de restauración.

Hai moita expectación en Madrid por ver terminadas as obras da nova estación de Gran Vía, que Metro comezou hai 3 anos e que unha vez terminadas converterase nunha das máis visitadas da rede. “Pola nosa banda, estamos tamén moi ilusionados e pensamos que se vai a converter nun punto de referencia, un punto de encontro.” Zorita tamén lembrou aos comerciantes “que tanto nos sufriron”.

 

SABÍAS QUE…. Nos anos 20, baixar ao Metro na estación de Gran Vía, era posible por 5 céntimos a través dun ascensor que tiña a súa boca de acceso nun templete de granito cuberto por unha marquesiña de ferro e cristal.

Estamos nunha zona que xa está catalogada con posible existencia de restos arqueolóxicos. Cal é o proceso que seguides nestes casos? “Este tipo de obras están coordinadas coa Dirección Xeral de Patrimonio e a maneira de actuar ante calquera síntoma ou a aparición de algún resto é que tes que parar, e que entren os arqueólogos para analizar o que hai. Isto prima ante calquera formulación da obra e por suposto mantendo sempre a seguridade”

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois
Planta destinada a exposición Palacios

Cal é o destino de los restos atopados?. “Parte dos restos que se atoparon leváronse ao Museo Arqueolóxico Rexional de Madrid en Alcalá de Henares e parte vanse expoñer nun espazo que se vai a musealizar nunha planta de nivel intermedio cos restos que apareceron nas escavacións evocando a figura de Antonio Palacios en parte dos paramentos verticais, poñendo parte da súa obra e expoñendo algún dos elementos que foron aparecendo como un escudo antigo de Madrid, que tamén o leva o templete no alzado que cara a rúa Montera.”

A instalación colocouse case no mesmo lugar onde estivo a anterior, no cruzamento entre as rúas Montera e Gran Vía. “Antonio Palacios fixo o proxecto cun fin eminentemente práctico: era o punto de acceso de Gran Vía á estación que se situaba 20 metros por baixo do nivel da superficie. Para acceder podíase utilizar o ascensor, abonando a cantidade de 5 céntimos, o podías baixar gratis polas escaleiras.

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois
Rúa Montera

Na túa opinión, crees que é coñecida a súa obra polos madrileños.? “Para Metro ten un valor moi significativo, estamos a conxugar os avances do presente co pasado e poñendo en valor o que significou Antonio Palacios. Pero tamén aquí, chegóuselle a catalogar como o arquitecto de Madrid, con unha chea de edificios moi significativos, aínda que a nivel de rúa a súa figura non estea suficientemente valorada.”

O templete de Antonio Palacios "volve" á Gran Vía madrileña 100 anos despois
Recreación del templete suministrada por Metro, que no refleja exactamente el que será su aspecto final

“Poderiamos facer outro tipo de acceso, más actual como os que estamos a instalar en outras estacións e non complicarnos a vida, pero en Metro decidimos apostar por valorizar o noso patrimonio e estamos moi contentos.” Subliña antes de despedirnos Carlos Zorita, o máximo responsable de obras de Metro-Madrid.

Artigo de interese:👇👇

A réplica do templete que o arquitecto Palacios deseñou para Metro-Madrid faise no Porriño

- Publicidade -spot_img