·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín converterase este verán na capital europea da danza

Marín converterase este verán na capital europea da danza

Marín converterase este verán na capital europea da danzaO festival internacional organizado polo Ballet de Galicia converterá este verán a Marín na capital europea da danza

Marín converterase na capital europea da danza entre o 1 e o 15 de agosto, un grandísimo evento cultural, artístico e formativo organizado polo centro integral de desenvolvemento do Ballet de Galicia, co apoio do Concello de Marín. O seu director, Diego Landín e o resto de responsables do proxecto presentaron xunto coa alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira, Itziar Álvarez, a apertura de inscricións e o contido deste festival, pioneiro e único en Galicia e España.

O evento contará con varias pezas que encaixan coma un puzzle nos obxectivos finais do programa: unha formación intensiva, cun proxecto coreográfico asociado; unha gala final ao aire libre e diversas masterclass ao longo dos quince días e un innovador workshop de fotografía de danza, apoiado en exposicións por todo Marín, “para pintar a nosa vila de danza”, en palabras de Landín.

O Ballet Summer Intensive será un curso intensivo de verán no que nenos e nenas procedentes de diferentes partes de Europa poderán vir a Marín para tomar clase coas primeiras figuras do mundo da danza clásica e contemporánea. Estas promesas da danza adestrarán 10 horas de luns a sábado, en clases que se repartirán entre as instalacións do SEI San Narciso, a actual sede do Ballet de Galicia e a que están a piques de abrir e os diferentes emprazamentos públicos do Concello, como a Finca de

Briz. De xeito paralelo á formación de 15 día, ofertaranse masterclass para o alumnado con mestres “que a día de hoxe é complexo tomar clases con eles e que son estrelas de primeiro nivel”.

Para apoiar este labor de formación, coreógrafos de diferentes partes do mundo aterrarán tamén na nosa vila para traballar cos bailaríns en diferentes proxectos coreográficos, que nutrirán a programación da gala final do festival, que terá lugar o 15 de agosto aberta a todo o público.

Os coreógrafos serán Filipe Portugal (Portugal), coreógrafo do Ballet de Zürich; Kirill Radev (Rusia), coreógrafo en KoRPo Dance Project; Brent Parolin (Canadá), coreógrafo da Ballet am Rhein, e Craig Davison (Australia), coreógrafo da Ballet Idaho.

“Facelo en verán, ademais, é unha garantía de que os rapaces estean centrados totalmente na súa formación, sen preocuparse por toda a parte académica que tamén teñen durante o curso académico”.

Ademais, deste xeito, as familias poderán gozar da nosa vila, do turismo, das praias, da economía local e de toda a bonanza que desprende o noso municipio.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies