Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo A Capela do Hospital de Cangas ten moita historia que contar

A Capela do Hospital de Cangas ten moita historia que contar

A Capela do Hospital de Cangas ten moita historia que contarA primeira referencia da existencia desta institución, atópase en 1543, na listaxe de veciños que debían contribuír ao fisco, onde figura un tal Juan González do Espital (Hospital) que debía pagar dous reais.

Desde esa data, as noticias desta institución son sempre illadas e con breves referencias á actividade do Hospital: así Juan Franco, veciño de Cangas deixa por vía testamentaria en 1562, un carro de leña da súa devesa que deberá darse perpetuamente cada ano ao Hospital para beneficio dos pobres. Terase en conta, con todo, que estes hospitais, fóra dos que gozaban de certo prestixio como os de Toledo, Selecta ou mesmo o de Santiago de Compostela que chegaron a ter médicos ao seu servizo, tiñan unha función máis de residencia ou lugar de acollida de pobres que do que hoxe entendemos por establecemento asistencial de enfermos.

En 1588 o visitador arzobispal dános a breve noticia de que o Hospital ten catro camas e carece de renda algunha, noticia que vén confirmar que a súa actividade como institución benéfica quedaba moi limitada ao depender do diñeiro do rexemento (concello) e sobre todo da caridade popular. En 1649, nunha nova visita ao Hospital, aclárase que ten unha capela. No último terzo do século XVII, a falta de recursos provocada polas crises pesqueiras e as guerras con Portugal, xunto coa ausencia de esmolas, provocaron a desaparición paulatina do hospital. Só a capela seguiu recibindo algunhas misas que habían de oficiarse en honra á patroa.

As instalacións do novo hospital débense ao labor do cura Gonzalo de Nogueira e Araujo, que viviu dacabalo dos séculos XVII e XVIII. Edificou a nova capela, que foi empezada no 1711 e terminada no 1715, para que lle servise de última morada, dotándoa de propiedades e rendas suficientes para que estas habíanse ido incrementando, co único obxectivo de perpetuar a súa memoria.

A Capela do Hospital de Cangas ten moita historia que contar

A fundación do hospital, formada ademais por varias casas terreñas e un hórreo, desaparece pouco antes do século XIX, por débedas, dilacións no pago e faltas de pago. Só a capela da nosa Señora da Concepción permanece ata que é vendida e desmantelada pedra a pedra en 1966.

A súa situación orixinal foi na rúa de Eugenio Sequeiros, preto da Casa da Bola, exactamente onde hoxe está o edificio de ABANCA.

Fuente//Turismo de Cangas do Morrazo

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies