spot_img
InicioBaixo MiñoCorreos pon en valor a provincia coa emisión dun selo coa Catedral...

Correos pon en valor a provincia coa emisión dun selo coa Catedral de Tui como “elemento de coñecemento e atracción”

Correos pon en valor a provincia coa emisión dun selo coa Catedral de Tui como "elemento de coñecemento e atracción"O patrimonio cultural, artístico e monumental da provincia de Pontevedra está a viaxar xa nos envíos postais de Correos a través dun selo enmarcado na serie filatélica “12 meses. 12 selos” no que se recolle unha imaxe do claustro da Catedral de Tui xunto ás iniciais da provincia (PO).

A peza, que conta cunha tirada de 215.000 exemplares,  foi presentada no Salón de Plenos da Deputación nun acto ao que acudiron a presidenta provincial, Carmela Silva, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que realizaron deforma conxunta o cuño de honra deste selo baixo a mirada de representantes de Correos e da Federación Galega de Sociedades Filatélicas. Trala presentación, Leire Díez asinou o libro de honra da Deputación e foi agasallada coa escultura dunha camelia da artesá Ana Tenorio.

Revista COUSAS DE Nº13

Carmela Silva manifestou publicamente o seu afecto por Leire Díez, a quen lle deu unha aperta “emocionante”, e por Enrique Cabaleiro, “un home que defende a Tui por riba de todo”. Na mesma liña agradeceu o traballo levado a cabo pola Sociedade Filatélica de Tui e puxo en valor a “sensibilidade de Correos por crear selos que forman parte da nosa memoria e da nosa vida”. Para a presidenta “os selos ensináronos a espertar o interese polo coñecemento ademais de ser o instrumento que demostraba que nos podíamos comunicar. Do mesmo xeito -resaltou- tamén son un elemento de atracción que fará que cando a xente vexa este selo, con este claustro tan marabilloso, queira vir a esta provincia”. Isto permitirá ás persoas ter “unha mirada ampla e plural que fará un mundo mellor”.

A peza ten unha tirada de 215.000 exemplares e nela pode verse o claustro da Catedral de Santa María xunto ás iniciais de Pontevedra Provincia

A directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez, tamén amosou o seu agarimo a Carmela Silva e a toda a provincia de Pontevedra “que con este selo vai a visitar moitísimos lugares e, como apuntaba a presidenta, a xente seguirá recortándoo e gardándoo xunto ao contido das cartas para atopalo dentro de moitos anos e lembralo con cariño”. Díez puxo sobre a mesa a importancia que teñen para Correos “todas as sociedades filatélicas, que nos están axudando a difundir cultura, patrimonio, costumes ou etnografía de lugares que quedarán nos nosos recordos”. Así, da man das asociacións “seguiremos traballando para amosar a beleza que teñen todas as provincias como a de Pontevedra que -matizou- é unha das máis bonitas, sen dúbida”.

O alcalde Enrique Cabaleiro tivo palabras de agradecemento tanto para a Deputación como para Correos “por esta feliz iniciativa” que permite que unha das “xoias patrimoniais” da cidade de Tui teña o seu propio selo impreso. O alcalde tamén fixo un “merecido recoñecemento” ao Grupo Filatélico de Tui “que leva moitos anos traballando para que a cidade de Tui teña este recoñecemento” e lembrou outros selos que se teñen impreso con motivos deste concello como “o do pórtico gótico da Catedral ou o da Ponte Internacional Tui-Valença”.

O selo “12 meses. 12 selos. Pontevedra” comezou a emitirse o 3 de xaneiro e permite franquear unha carta normalizada con destino a calquera provincia do Estado. Así mesmo, para facelo máis visible, estase a ofrecer de forma preferente en todas as oficinas da provincia de Pontevedra para realizar este tipo de envíos.

Unha provincia de selo

A provincia de Pontevedra conta con innumerables espazos dignos de ser representados en selos. Deste xeito, na tarde de onte tamén presentouse no concello da Guarda un selo dedicado ao Monte de Santa Trega dentro da colección de Correos “Natureza” que recolle unha das construcións do castro coas vistas que se poden admirar dende o monte.

Correos presenta na Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega

Así, os dous selos presentados onte súmanse ás preto de 30 emisións realizadas por Correos con motivos de Pontevedra provincia como as que renderon homenaxe ao Pazo de Fefiñáns de Cambados (1965), a da ponte de Rande (1981), a da Denominación de Orixe Rías Baixas (2002) ou a do cruceiro do Hío (2002).

- Publicidade -spot_img