spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaCorreos presenta na Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega

Correos presenta na Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega

Correos presenta na Guarda o selo dedicado ao Monte Santa TregaCorreos presentou onte no Salón de Plenos do Concello da Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega, da serie filatélica Natureza, acto ao que asistiron a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez, a Deputada Provincial, Iria Lamas e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

Correos puxo en circulación este selo xa que consideraba o monte Santa Trega como un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos. Neste número, Correos quere destacar que Santa Trega ofrece unha imaxe que queda gravada en todos os que a visitan.

Revista COUSAS DE Nº13

De feito, o selo inclúe un primeiro plano dun dos edificios do castro e ao fondo as vistas que se poden admirar dende o monte. Ten un valor nominal de 2,70 euros e unha tirada de 135.000 exemplares.

Ficha técnica:

  • Data de emisión: 21/04/2022
  • Soporte: Estucado, engomado, fosforescente
  • Impresión: Offset
  • Tamaño: 74,6 x 28,8 mm
  • Efectos en pliego: 15 selos
  • Valor postal: 2’70
  • Tirada: 135.000

Máis selos dedicados á provincia de Pontevedra

O selo presentado en A Guarda súmase á lista de selos que Correos dedicou a diversos motivos na provincia. Tamén na capital pontevedresa presentouse  o selo da serie filatélica de 12 meses dedicada á provincia.

Correos pon en valor a provincia coa emisión dun selo coa Catedral de Tui como “elemento de coñecemento e atracción”

Cun valor de 0,75 euros, o selo inclúe a imaxe do claustro da Catedral de Tui, acompañada das iniciais ‘PO’.

Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, destacan as que en 1965 homenaxearon o Pazo de Fefiñáns de Cambados, a ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro de pedra do Hío.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.