spot_img
InicioGaliciaA CoruñaA Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acolle unha exposición dos debuxos orixinais dun...

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acolle unha exposición dos debuxos orixinais dun comic sobre a vida da escritora

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acolle unha exposición dos debuxos orixinais dun comic sobre a vida da escritora A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acollerá ata finais de maio a exposición das ilustracións orixinais do álbum de banda deseñada sobre a vida de Emilia Pardo Bazán asinado pola escritora Alicia Palmer e a ilustradora Weronika Hańczyc.

Do proceso de xestación e edición do volume, publicado por Cascaborra Ediciones en 2021 co gallo do de maio a exposición das ilustracións orixinais do álbum de banda deseñada centenario do pasamento da escritora, falaron ambas as autoras na inauguración da mostra, que tivo lugar esta tarde na rúa Tabernas, 11 da Coruña.

Revista COUSAS DE Nº13

“Poucas veces é posible apreciar a evolución gráfica das ilustracións que acabarán por converterse nun cómic. Desde os primeiros trazos a lapis ata as acuarelas finais, a Casa-Museo exporá os traballos de Weronika Hańczyc para ilustrar a frutífera vida da nosa escritora”, explica a conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso, que escribiu o limiar do volume xunto a Patricia Angulo.

Santiso conversou con Weronika Hańczyc e Alicia Palmer sobre como foi o seu achegamento á figura poliédrica e avanzada á súa época de Pardo Bazán para trasladar a súa historia á linguaxe da banda deseñada.

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acolle unha exposición dos debuxos orixinais dun comic sobre a vida da escritora

O cómic Emilia Pardo Bazán viu a luz na colección Biografías en viñetas de Cascaborra Ediciones froito da colaboración de Alicia Palmer, guionista doutros títulos de banda deseñada cunha clara perspectiva de xénero como Hombres feministas ou Una mujer, un voto, e Weronika Hańczyc, quen asumiu o reto de ilustrar a vida de Pardo Bazán tras colaborar nos libros Intraterra e Infiniteca.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.