spot_img
InicioO MorrazoBueuMiguel Sande gaña o XXV Premio Johan Carballeira de Poesía con 'Brinde...

Miguel Sande gaña o XXV Premio Johan Carballeira de Poesía con ‘Brinde e desespero’

Miguel Sande gaña o XXV Premio Johan Carballeira de Poesía con 'Brinde e desespero'Miguel Sande resultou gañador do XXV Premio Johan Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu co poemario “Brinde e desespero”, que salientou de entre as cincuenta e sete obras presentadas.

Revista COUSAS DE Nº13

O xurado, que se reuniu este luns, 25 de abril, estivo conformado polo profesor e crítico literario Manuel Forcadela, a poeta e gañadora da anterior edición, Xandra Táboas, e o xornalista, crítico e editor César Lorenzo. Na acta, o xurado destacou que poemario aposta pola prosa poética, e parte da autoficción para presentarnos unha lectura sobre o cotián dende o ángulo do inesperado.

A obra rompe con éxito a tensión entre pensamento e sentimento, e nel a realidade do cotián fala por si mesma, cunha expresión formal contida.

- Publicidade -spot_img