spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza aproba a execución do proxecto de recuperación do entorno da...

A Cañiza aproba a execución do proxecto de recuperación do entorno da Ponte románica de Achas

A Cañiza aproba a execución do proxecto de recuperación do entorno da Ponte románica de AchasO Pleno do Concello da Cañiza aprobou o convenio de colaboración coa Deputación para a ‘execución do proxecto de recuperación do entorno da antiga ponte de Achas’ por un importe de 411.015,58 €

O proxecto elaborado pola Deputación para o acondicionamento dos 560 metros entre os núcleos das Achas e a Ponte, prevé unha actuación integral para a mellora da seguridade viaria entre estes dous núcleos, recuperando ademais os valores patrimoniais da ponte das Achas, substituindo o firme de asfalto actual por pavimento de lastra de granito e as actuais varandas metálicas por un peitoril de pedra de 110 centímetros de altura.

Revista COUSAS DE Nº13

Ademáis e segundo se recolle no Convenio, no núcleo das Achas proxéctase unha zona de convivencia de tráfico rodado e peonil mediante unha plataforma elevada de formigón de cor gris escura, previo saneo do pavimento existente.

O embelecemento da zona consistirá tamén na pavimentación con lastras graníticas dos sobreanchos da estrada. No contacto dos novos pavimentos coas vivendas disporase unha cenefa con lousas graníticas rectangulares. Ademais, enlazando coa plataforma elevada de preferencia peonil proxéctase unha senda ao longo da marxe dereita de 2,50 metros de ancho medio.

Ata a zona da depuradora disporase unha cuneta de formigón practicable entre a senda e a calzada, que funcionará tamén como rega para as parcelas lindeiras. A drenaxe solucionarase en ámbolos dous treitos da senda cunha canalización soterrada de PVC de 400 mm de diámetro.

O proxecto, que inclúe tamén a aplicación dunha nova capa asfáltica, prevé que a circulación do tráfico rodado no acceso ao núcleo da Ponte quede restrinxido ao sentido de Oeste a Este. Con este fin ampliarase a zona verde existente na intersección e disporase unha sebe vexetal de buxos no linde coa senda.

Tamén se contempla o alumeado da senda con novas luminarias led sobre columnas de 9 metros. Ademais se soterrarán as liñas de enerxía eléctrica e telefonía. A obra complétase coa disposición ao longo da actuación de banco de granito e asento de pedra.

Un pouco de Historia

No histórico Achas e máis concretamente a súa ponte románica foi un dos emprazamentos onde tivo lugar unha das máis importantes sublevacións do Paradanta contra as tropas invasoras francesas durante a Guerra da Independencia.

Foi o Xeneral – Abade do Couto e de Villar, Don Mauricio Troncoso de Lira e Sotomayor Saco e Quiroga, caudillo do levantamiento popular, quen promoveu esta sublevación do Paradanta no inverno de 1.809. Forxou unha estrutura militar capaz de enfrontarse ao Mariscal francés Soult na liña entre o Ribadil e Deva en accións que tiveron unha gran transcendencia no desenvolvemento posterior da Guerra contra os franceses.

Os paisanos da parroquia de Achas non só loitaron contra os franceses no partido da Cañiza , senón que tamén tomaron parte no cerco de Tui.

En Achas recibiron o Bautismo de lume os guerrilleiros do Ribeiro, combatendo contra as tropas francesas da división Ehendelet e da terceira Delaborde, e na súa memorable ponte de Achas quedaron mortos 8 oficiais, un inspector e un comisario aos que se lles atoparon papeis importantes que foron remitidos urgentemente ao Marqués da Romana.

- Publicidade -spot_img