spot_img
InicioPontevedra e ÁreaZona Franca de Vigo selecciona 20 PEMES galegas para impulsar o seu...

Zona Franca de Vigo selecciona 20 PEMES galegas para impulsar o seu acceso a novos mercados

Comeza o proceso de selección de pemes participantes en VíaExteriorDurante 7 meses, sen custos, as empresas desenvolverán o seu plan de internacionalización e poderán acceder a financiamento.  As pemes interesadas poden teñen ata o 12 de xullo para inscirbirse na web http://viaexterior.com/

Hoxe luns, o Consorcio da Zona Franca de Vigo lanza a terceira edición de ViaExterior, unha aceleradora multi-sectorial deseñada para promover, acelerar e aumentar a probabilidade de éxito dos procesos de internacionalización das pemes galegas.

Como explicou o delegado, David Regades “a través deste programa gratuíto as 20 pemes seleccionadas poderán adquirir unha visión global, aumentar capacidade analítica e dispoñer de ferramentas prácticas para entrar en novos mercados”. En definitiva, o obxectivo de Zona Franca é que as empresas sexan capaces de acceder a novos países con menos esforzo, menos tempo e logren levar adiante os seus negocios con máis éxito como xa sucedeu con empresas de anteriores edicións que viron como, despois do programa, aumentaron a súa facturación e estableceron beneficiosos acordos de colaboración e, no seu caso, acceder a financiamento externo.

O prazo de inscrición na aceleradora comeza hoxe 3 de xuño e estará aberto ata o 12 de xullo a través da páxina web viaexterior. com. Se son seleccionadas, en ViaExterior durante sete meses as empresas recibirán formación personalizada e adaptada ás súas necesidades. Para iso, dispoñerán dun titor individual e tamén de mentores expertos en mercados internacionais cun enfoque fundamentalmente práctico. Durante o programa, ademais de celebrar talleres de resolución de casos, os participantes terán acceso a un campus de carácter online as 24 horas do día.

Con sesións de networking as empresas terán a posibilidade de establecer acordos de colaboración con outros participantes. De feito ViaExterior ha facilicitado ás empresas establecer un marco de colaboración para poñer en marcha novos proxectos como é o caso de Mar Ceibe e Adegas Celeirós, quen conxuntamente lanzaron unha oferta de recoiro e caviar de albariño para entrar nos mercados de Xapón e China.

As dúas primeiras edicións tiveron un balance moi positivo xa que permitiron a 40 pemes galegas chegar a novos mercados e consolidarse en varios países do Norte de Europa e no Reino Unido, un dos mercados máis competitivos e difíciles para as capacidades de negocio das pemes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.