spot_img
InicioPontevedra e ÁreaVigo reúne aos maiores especialistas en biogeoquímica estuarina e costeira

Vigo reúne aos maiores especialistas en biogeoquímica estuarina e costeira

Vigo reúne a los mayores especialistas en biogeoquímica estuarina y costeraAo redor de 100 especialistas participarán o 4 e 5 de xuño en Vigo no XV International Estuarine Biogeochemistry Symposium, IEBS 2019, un evento organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que reunirá durante dous días na cidade aos maiores expertos e expertas en biogeoquímica estuarina e costeira.

Este evento, na que colaboran Concello de Vigo, Campus do Mar, ISC Science e Agilent, converterase nun dos principais foros de debate sobre enfoques actuais cos que abordar a monitoraxe e a avaliación dos procesos biogeoquímicos nunhas zonas nas que as actividades industriais e nos compostos químicos usados en produtos para o consumo humano están en constante cambio.

Posta en valor da investigación

Este simposio celebra por primeira vez unha edición en Vigo, escenario perfecto para albergar este encontro pola gran cantidade de rías e sistemas estuarinos de Galicia e porque “organizar este encontro na cidade viguesa supón valorizar a nivel internacional a investigación nos ciclos biogeoquímicos en sistemas estuarinos e costeiros que tanto o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC ( IIM-CSIC), como o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Universidade de Vigo veñen realizando nas últimas décadas”, asegura Antonio Cobelo, membro do comité organizador.

Os estuarios e baías reciben grandes cantidades de nutrientes e carbono orgánico da escorrentía e por procesos de afloramiento costeiro, polo que soportan altas taxas de produción primaria e desempeñan un importante papel ecolóxico a escala global. Dado que aproximadamente o 40% da poboación mundial vive en áreas costeiras, estes sistemas tamén son altamente vulnerables á presión antropogénica. Entender a transformación, o destino e o transporte de substancias químicas en sistemas tan dinámicos e complexos nos que teñen lugar procesos e gradientes antropogénicos e naturais é aínda un desafío.

Por este motivo, durante dous días especialistas na materia abordarán estudos sobre as fontes, o comportamento e o destino dos nutrientes, a materia orgánica e os contaminantes históricos e emerxentes, entre outros aspectos. Ademais, este simposium acollerá por primeira vez “unha sesión específica sobre microplásticos en sistemas costeiros e o efecto dos mesmos sobre os ciclos biogeoquímicos de nutrientes e elementos químicos”.

Conferencias convidadas

Xunto ás sesións que se realizarán ao longo dos dous días de simposium, o IEBS contará coas conferencias principais de Andrew Turner, investigador especializado en Química Ambiental da University of Plymouth, no Reino Unido; Michael Bau, investigador da Jacobs University en Alemaña, e Marie Luise Tercier- Waeber. especialista en química analítica e ambiental da University of Geneva (Suíza).

- Publicidade -spot_img