Inicio Val Miñor Gondomar Fin de curso no Conservatorio de Gondomar con conferencias e concertos

Fin de curso no Conservatorio de Gondomar con conferencias e concertos

Fin de curso no Conservatorio de Gondomar con conferencias e concertosO conservatorio de Música de Gondomar celebra o fin de curso cunha serie de concertos e conferencias, dando o peche definitivo a este curso lectivo.

Hoxe terá lugar a última conferencia sobre a Visión da Muller no Arte que impartirá o Catedrático en Etnomusicoloxía e Doutor en Comunicación e Audiovisual Roberto Relova. A conferencia que versará sobre publicidade, cine e ópera, baixo o título de “Mulleres! Protagonistas do s.XXI” terá lugar ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío.Fin de curso no Conservatorio de Gondomar con conferencias e concertos

Mañán día 5, terá lugar o Concerto de fin de curso no que participarán os alumnos do conservatorio de coro e orquestra. Terá lugar a presentación oficial do mural deseñado por Irene Silva Xiráldez e realizado coa colaboración dos alumnos do centro, e o concerto de tres contos musicados coa colaboración de Espazo Lectura e o grupo xuvenil de teatro Pritis Guomis dirixidos por Lola Correa.

Por último, o xoves será o concerto dos alumnos finalistas de 4º curso do grao elemental de tódalas especialidades. Todos os concertos celebraránse no Auditorio ás 19:00h, con entrada gratuita ata completar aforo. Tódalas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura, dirixidas por Nuria Lameiro, e cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies