Inicio Pontevedra Baixo Miño Xeiras polo patrimonio etnográfico de Tomiño

Xeiras polo patrimonio etnográfico de Tomiño

Xeiras polo patrimonio etnográfico de Tomiño“As pegadas na paisaxe: mámoas, ouro, toponimia e garranos” é o nome da primeira xeira de este ano organizada polo Concello de Tomiño, coa colaboración, neste caso, do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).

Xosé Lois Vilar será o guía experto desta saída que terá lugar o xoves 4 de xullo a partir das seis e media da tarde e na que se percorrerán os xacementos de minaría romana, mámoas e toponimia desta zona (Vilachán do Monte e Pinzás).

A duración prevista da actividade é de tres horas e media. É para todos os públicos e de balde, pero precisa inscrición chamando ao teléfono 986 62 20 01/03 en horario de mañá (8 a 2). Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.

Xeiras polo patrimonio etnográfico de Tomiño

A seguinte xeira (xoves 1 de agosto) será “O Monte Tetón nova lectura: homes, garranos, cervos e cans”, tamén dirixida por Xosé Lois Vilar, do IEM. Esta actividade constará de dúas partes: unha conferencia sobre o tema no salón de plenos do Concello, e a continuación, unha saída de campo para ver os petróglifos do Monte Tetón. Comezará ás 20.30 horas, cunha duración de tres horas e media. A actividade é de balde e require inscrición previa. Hai que levar roupa e calzado cómodo e lanterna.

O 29 de agosto, tamén xoves, terá lugar a xeira “Camiño da Nosa Señora do Norte: terceira etapa, ollando cara Tebra”. A saída será tamén ás 18.30h e a duración de 3.30h. Esta visita será guiada por Antonio Soliño (do IEM) e percorrerá os principais puntos de interese patrimonial por onde transcorría o Camiño de Santiago por Tomiño. Tamén de balde, con inscrición previa e roupa e calzado cómodo.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies