Inicio Baixo Miño A Guarda Os guardeses envórcanse co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia a oito...

Os guardeses envórcanse co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia a oito días do evento

Os guardeses envórcanse co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia a oito días do evento O Concello da Guarda acolleu a presentación desta celebración, que reunirá entre o 11 e o 14 de xullo a centos de persoas nesta localidade do Baixo Miño.

A especial situación xeográfica da vila, entre Galicia e Portugal, as técnicas de pesca tradicionais da localidade e o tipo de embarcacións empregadas históricamente polos guardeses son, segundo explicou o alcalde Antonio Lomba, “tres características que marcan a sigularidade deste encontro, fronte aos celebrados en  anteriores edicións”. No acto de presentación do evento, celebrado esta tarde no Concello, o rexidor destacou tamén a implicación dos guardeses co Encontro de Embarcacións Tradicionais, decorando as fachadas de vivendas e escaparates de comercios con ornamentacións de temática mariñeira: “Deste xeito se estende o convite a toda a cidadanía para que esta XIV edición sexa todo un éxito” . Lomba rematou agradecendo o traballo de Culturmar e a inicitiva de Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos para que A Guarda acollera o evento deste ano.

Pola súa banda, o presidente de  Culturmar, Manuel García  Sendón, agradeceu o apoio do  Concello desde o primeiro momento e avanzou que xa son máis de 70 as embarcacións inscritas nesta edición do encontro,  “unha festa que pon en valor a riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego e a necesidade de conservalo” .

Sendón tamén destacou o gran traballo da Asociación  Piueiro e do Instituto de Estudos  Miñoranos na construción do ” volanteiro”, unha embarcación tradicional que se cría perdida e que se recuperou agora con motivo do Encontro.

Villar, Cadilla, Sendón e Lomba

Os portavoces de  Piueiro e do Instituto de  Estudos  Miñoranos, Joaquín Cadilla e Xosé Lois Villar, respectivamente, mostráronse agradecidos cos guardeses pola forma na que se envorcaron con este evento, á vez que  destacaron a importancia de que un encontro destas características, “no que participan persoas de toda España e doutros países”, teña lugar no Baixo Miño. Así mesmo, subliñaron que na cita guardesa estarán representadas toda a tipoloxía de embarcacións tradicionais que hai en Galicia”.

Unha cita imprescindible do 11 ao 14 de xullo

A exhibición das embarcacións tradicionais de Galicia, xunto con algunhas doutras localidades españolas e mesmo algunha foránea, forma parte dun amplo programa de actividades culturais e lúdicas, organizado por  Culturmar, Asociación Piueiro, Instituto de  Estudos  Miñoranos e  Concello da Guarda, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

Actuacións musicais,  obradoiros, exposicións, gastronomía e navegacións a bordo destes barcos que forman parte do patrimonio cultural conforman a atractiva oferta da celebración que terá lugar na Guarda do 11 ao 14 de xullo.  O volanteiro recuperado pola Asociación Piueiro terá un protagonismo especial na celebración. Un traballo que foi posible gracias á colaboración de organizacións, empresas e entidades financieiras de Galicia e mesmo de Andalucía.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies