Inicio Val Miñor Baiona “El Sabor del Gofre” do Queimada Gastrobar gaña a oitava edición do...

“El Sabor del Gofre” do Queimada Gastrobar gaña a oitava edición do concurso Bai de Tapas de Baiona

“El Sabor del Gofre” do Queimada Gastrobar gaña a oitava edición do concurso Bai de Tapas de BaionaO Concello de Baiona desvelou os gañadores da oitava edición do concurso Bai de Tapas, en base aos votos do xurado popular e profesional, e entregou aos consumidores os premios sorteados polos establecementos participantes.

A tapa “El Sabor del Gofre”, do Queimada Gastrobar, alzouse co primeiro premio do xurado popular. O segundo foi para a “ Tosta de Bacalao ahumado Olivando”, do Olivando, mentres que o terceiro premio foi para “ Dumpling Galaínca”, do Camu Camu. Ademais, o Premio do Xurado Profesional á mellor Tapa recaeu na Crep, coa súa “ Caprese siglo XXI”, que ademais do diploma recibiu un premio de 200 €, achegado polos patrocinadores.

O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello de Baiona. O VIII Concurso de Tapas de Baiona, “ Bai de Tapas”, celebrouse entre o 9 de maio ao 2 de xuño. Ao acto asistiron o alcalde, Carlos Gómez; o presidente de Aceba (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), Marcos Comesaña, os representantes das Adegas HGA, así como os establecementos participantes e os consumidores premiados.

A participación no concurso foi moi numerosa e segundo a orixe, destacaron a chegada de consumidores da área de influencia da Villa, especialmente participantes de Val Miñor, Vigo e Baixo Miño, aínda que tamén se contabilizaron participantes doutros municipios da provincia de Pontevedra. Hai que engadir os consumidores procedentes doutras provincias galegas, de Madrid, León, Segovia, Zamora, Asturias, Xaén, etc., que quedaron encantados coa iniciativa.

O alcalde, Carlos Gómez, agradeceu o esforzo dos establecementos participantes no concurso e destacou a importancia do evento, como un dos clásicos no calendario de eventos de Baiona. Antes de desvelar aos gañadores do certame, levou a cabo a entrega dos premios aos consumidores. Os establecementos achegaron máis de veintitres premios, e a organización achegou o primeiro, consistente nunha “Estancia con experiencias nas Vilas Mariñeiras”. Ademais, Adegas HGA fixo entrega dunha noite para dúas persoas no Talaso Augas Santas, con percorrido mariño, cea, comida e visita con degustación ás adegas Regina Viarium.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies