Inicio Val Miñor Nigrán Os festivais de musica ‘Solpor Monteferro’, Vive Nigrán e Nigranjazz os grandes...

Os festivais de musica ‘Solpor Monteferro’, Vive Nigrán e Nigranjazz os grandes protagonistas da programación cultural de Nigrán

gran-asistencia-publico-no-esteiro-da-foz-na-primeira-xornada-do-nigranjazzO Concello de Nigrán abre este venres e sábado a súa programación especial de xullo con ‘Solpor Monteferro’, festival musical que xunto a Vive Nigrán (19 e 20) e Nigranjazz (26 e 27) son os grandes protagonistas do mes xunto ao divertido ‘Flota como poidas’ no esteiro de A Foz o día 18.

Deste xeito, o goberno de Nigrán mantén un ano máis os seus eventos xa máis señeiros no eido musical e no mes de agosto repetirá tamén o Val Miñor Fest de cervexa artesá, ChandeFolk en Chandebrito, baixada de carros de bolas en Camos ou RockinPatos en Patos. En total, preto dun cento de actividades para tódolos públicos se irán sucedendo todo este mes de xullo e en agosto continuarán ao mesmo ritmo.

Este domingo arranca tamén cunha das grandes probas deportivas do municipio, a Travesía a Nado Costa Serena en Praia América con máis de 400 deportistas inscritos. Neste mesmo escenario terá lugar o clásico torneo de Rugby de Melgachos (27 de xullo), torneo de volei-praia (do 19 ao 21) ou a carreira pola praia Nigrán Area xa no 3 de agosto.  Xa a pé de praia, nas instalacións deportivas de Gaifar, celebrarase tamén o 27 de xullo unha nova edición de Porto Scoot, evento que reúne aos mellores riders nacionais de scooter, deporte urbano moi arraigado entre a mocidade de Nigrán, e no mesmo punto será a batalla de gallos ‘Freestyle Masters’ tamén o día 3 de agosto.

Como cada ano as principais praias de Nigrán, Patos e Praia América, serán o escenario de diferentes actividades deportivas para tódolos públicos con ioga, zumba e hipopresivos, pilates ou latino, ademais de desenvolverse o ‘Xoga na praia’ para pequenos o xoves pola tarde en Patos e o martes en Praia América.

 

A programación do Concello inclúe tamén concerto de violoncelistas do 17 ao 19 de xullo en diferentes escenarios do municipio, festival de habaneras e boleros no Auditorio o día 20, feira de antigüidades de Panxón o 25, actuación teatral na rúa Vista Ao Mar con ‘A Tropa do doutor Milagre’ o 18,  ou a primeira festa do peregrino o día 13 na Ramallosa. Ademais, o Concello colabora nas diferentes actividades que organizan as entidades do municipio, como a Semana Cultural de Parada (do 21 ao 25) , a Sardiñada de Montelourido (21), Andaina de Camos (21)…

A programación de xullo remata un ano máis con San Fiz, patrón de Nigrán, xa que na véspera (31 de xullo) haberá novamente festa da escuma na Praza do Concello e verbena no torreiro do Ceán, continuando a programación no propio día festivo, 1 de agosto.

“Mantemos unha programación similar a cando comenzamos hai catro anos consolidando festivais recentes como Solpor ou Vive Nigrán, con só 3 anos de antigüidade e con miles de seguidores, e apostando polos veteranos como Nigránjazz ou Flota como Poidas. Ademais ofrecemos actividades e eventos para todo tipo de público e de gustos”, sintentiza o rexedor, Juan González.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies