O servizo de Transporte Adaptado, cofinanciado polo 0,7% do IRPF, fai posible aproximar as actividades da asociación para promover, manter e recuperar a autonomía persoal das persoas con discapacidade.
A Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade realizou durante este 2021 o servizo de Transporte Adaptado facendo posible que as persoas con discapacidade física e/ou orgánica puidesen acceder aos recursos de promoción da autonomía e contribuír a mellorar a súa calidade de vida e participación comunitaria.
A través deste servizo que ofrece todos os anos Vontade deuse cobertura a un total de 17 persoas maiores de 16 anos dos concellos da Comarca do Baixo Miño e concellos limítrofes, con discapacidade física e imposibilidade de utilización de trasporte público, e que precisaban acceder aos servizos de promoción da autonomía ofertados no Centro de Recursos da Asociación.
Para poder levalo a cabo, Vontade contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, xestionada dende COGAMI.




