·Publicidade ·spot_img
InicioPontevedra e prov.PontevedraMíriam Ferradáns recibe o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Míriam Ferradáns recibe o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Míriam Ferradáns recibe o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del RiegoA escritora recibiu o galardón, promovido pola Obra Social de ABANCA, polo artigo «Dalias» publicado en Nós Diario

Afundación, a Obra Social de ABANCA celebrou esta mañá no Café Moderno Afundación de Pontevedra o acto de entrega do XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Míriam Ferradáns polo seu artigo «Dalias» publicado en Nos Diario.

Acompañaron a premiada, ademais das outras dúas persoas finalistas, Patricia Hermida e Cláudia Morán, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar, quen abriu o acto recordando que «con cada edición deste galardón que convocamos, contribuímos a dinamizar o panorama cultural de Galicia, e iso, para nós, significa materializar o compromiso adquirido para impulsar o coñecemento a través da cultura». Quixo tamén trasladar ás persoas finalistas os «parabéns por esta distinción, porque a concorrencia crecente a este certame reflicte o interese por unha prensa de calidade escrita en galego e que, da man dos novos valores das nosas letras, procura satisfacer as demandas esixentes da sociedade». Xunto a el estiveron Víctor Freixanes, presidente do xurado; Carlos Valle, secretario; Fina Casalderrey, vocal; Cristina Pato, vocal; e Gloria Rodríguez López, vocal.

Tars as palabras introdutorias de Pedro Otero, Carlos Valle, secretario do xurado, procedeu a ler a acta. Nela os xurado constataba a dificultade na elección debido á elevada calidade dos tres textos, e como, tras intensas reflexións «Dalias» resultara seleccionado.

Míriam Ferradáns quixo agradecer ás súas compañeiras finalistas, Patricia Hermida e Cláudia Morán, poñeren en valor o xornalismo literario: «Estou moi orgullosa de estar nominada con outras dúas mulleres, porque agora as mulleres temos a voz e que saiban que non nola van quitar».

Finalmente, o presidente do xurado, Vítor Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do «talento, que no caso das tres finalistas foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que todos temos. Os vosos traballos son moi intensos e están moi ben escritos, vén unha nova xeración de escritoras nos xornais: as xornalistas literarias que engrandecen a nosa literatura».

- Publicidade -spot_img

Publicidade