·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acolle a exposición 'O valor da diferenza' organizada pola fundación Filomena...

Redondela acolle a exposición ‘O valor da diferenza’ organizada pola fundación Filomena Rivero Alonso

Redondela acolle a exposición 'O valor da diferenza' organizada pola fundación Filomena Rivero AlonsoO Múltiúsos da Xunqueira acolle a exposición ‘O valor da diferenza’ organizada pola fundación Filomena Rivero Alonso
.
A Fundación Filomena Rivero Alonso, con sede en Redondela e cuxo Padroado preside Gracia Regojo Bacardí, vén de inaugurar no Multiúsos da Xunqueira a exposición O valor dá diferenza. O acto inaugural contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa e Telmo Crespo Tojeiro e Agustín Sobral Crespo, membros do Padroado da entidade.
.
A mostra pon en valor a diferenza como punto de partida para unha sociedade máis xusta e tolerante
.
A mostra forma parte dun proxecto xenuíno da Fundación que avoga pola posta en valor da diferenza como punto de partida para a construción dunha sociedade tolerante na que a convivencia e o respecto polo próximo primen sobre o resto. A mostra estará exposta ata o mes de marzo de 2022.
.
A alcaldesa de Redondela agradeceu á Fundación esta iniciativa “que coincide na súa totalidade co traballo que desenvolve o Goberno local a prol da integración e da tolerancia, piares sen os que non se pode construír unha sociedade igualitaria e xusta”.
Fundación Filomena Rivero Alonso
.
A Fundación Filomena Rivero Alonso ten por obxecto a axuda á formación e educación integral de persoas de Redondela, así como do resto de localidades e provincias españolas; obras asistenciais para os mesmos, e a axuda ás persoas máis necesitadas do terceiro mundo.
.
O Padroado terá plena liberdade para determinar as actividades da Fundación, tendentes á consecución daqueles obxectivos concretos que, a xuízo daquel e dentro do cumprimento dos seus fins, sexan os máis adecuados ou convenientes en cada momento.
- Publicidade -spot_img

Publicidade