·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda rende homenaxe a Brasilino Álvarez na Fonte-Lavadoiro da Cal

A Guarda rende homenaxe a Brasilino Álvarez na Fonte-Lavadoiro da Cal

A Guarda rende homenaxe a Brasilino Álvarez na Fonte-Lavadoiro da CalEste evento coincidiu co centenario da reforma do Lavadoiro da Cal, acometida no ano 1921 por suscripción que iniciou en Puerto Rico don Brasilino Álvarez Sobrino, fillo deste barrio da vila guardesa

O pasado domingo día 19 de decembro celebrouse na Fonte da Cal un acto para conmemorar o centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal.

Neste ano 2021 cúmprese o centenario da construción do lavadoiro da Fonte da Cal, no barrio da Cruzada, acometida no ano 1921 por suscripción que iniciou en Puerto Rico don Brasilino Álvarez Sobrino, fillo deste barrio da vila guardesa.

A Guarda rende homenaxe a Brasilino Álvarez na Fonte-Lavadoiro da Cal

Brasilino Álvarez Sobrino tiña daquela 27 anos e seguía a estela doutros guardeses da emigración que buscaron mellorar a calidade de vida dos seus conveciños, actuando directamente na mellora das fontes e lavadoiros, entón toscalleiros e descubertos, o que obrigaba a lavar a roupa á intemperie.

Neste acto contouse coas intervencións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e do historiador local J. Miguel Villa, quen realizou unha breve contextualización histórica sobre A Cal, o seu Lavadoiro e sobre Brasilino Álvarez Sobrino, impulsor da súa construción.

Durante o transcurso deste acto, no que participaron preto dun cento de veciños e veciñas do barrio da Cruzada, tamén se escoitaron as pezas musicais dun grupo de 4 clarinetes, formado por Ana González Lorenzo, Sara Márquez Rodríguez, Nerea Fernández López e Lucía Lomba Alonso, da Banda de Música da Guarda, que interpretaron “Danza Húngara nº5” de J. Brahms, “Hallelujah” de L. Cohen e “The enterneiner” de Scott Joplin.

A Guarda rende homenaxe a Brasilino Álvarez na Fonte-Lavadoiro da Cal

Neste acto tamén se fixo a descuberta dunha praca conmemorativa, que tal e como indicou o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, “servirá para lembrar á figura de Brasilino Álvarez, impulsor desta reforma do Lavadoiro da Cal, de xeito que todo aquel que se achegue ata a fonte coñeza a súa historia.”

O Concello da Guarda tamén quixo agradecer ao historiador local J. Miguel Villa a súa participación no evento e a súa colaboración na elaboración do díptico informativo sobre este centenario, coa entrega dun agasallo.

- Publicidade -spot_img

Publicidade