spot_img
InicioBaixo MiñoAs corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario...

As corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario ofrecen mañá o concerto de Nadal no Teatro Municipal

As corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario ofrecen mañá o concerto de Nadal no Teatro MunicipalAs tres corais tudenses ofrecerán  mañá xoves,23 de decembro, ás 21.30 h o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui. As protagonistas deste evento musical serán a Coral San Telmo,  a Coral Ponte das Febres e a Coral do Centrosociocomunitario, que interpretarán cada unha delas cinco temas.  Este evento forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal”.

O evento contará con protocolo anticovid e para acceder ao patio de butacas será preciso certificado covid de contar coa pauta completa de vacinación, proba diagnóstica negativa,  ou de ter superado a enfermidade segundo a nova normativa que entrou en vigor o pasado sábado.

A Coral San Telmo baixo a dirección Celso Diego Martínez será a encargada de abrir o concerto. Comenzarán interpretando “Piensa la mula” de Carmen Martorel, continuando co tema popular venezolano “Mi burrito sabanero”, “Cativiño” de José Luis Reza, “Nadal en Luintra” con arranxos de Celso Diego, e rematarán con “Catro galegos a Belén” José Luis Reza.

Baixo a dirección de Rafael Pérez Dopeso a Coral Ponte das Febres abrirá a súa actuación con “Corre lixeira” de Angel Viro, para interpretar de seguido “Ave María” de  Giulio Caccini, o tema popular andaluz “Olé Olé”, “O neno dormía” de Antonio Paz Valverde e pechando co tema popular de Venezuela “Mi burrito sabanero”.

Por último a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, dirixida por David González Sobrino, interpretará en primeiro lugar “La Despedida – Habanera” de José Pagan, para continuar con “Seguindo unha estrela” de Javier Domínguez, xunto aos temas popular  “Noche de Paz”                             e “Despacito no hagáis ruido”. Rematarán coa panxoliña tradicional “O pelo roxiño”.

A entradas para este Concerto de Nadal pódense reservar gratuitamente en www.tui.gal até 10 minutos antes do comezo do concerto.

Programa do concerto

1º Coral San Telmo

  • Piensa la mula Carmen Martorel
  • Mi burrito sabanero Popular Venezuela
  • Cativiño  José Luis Reza
  • Nadal en Luintra Arreglos: Celso Diego
  • Catro galegos a Belén José Luis Reza

2º Coral Ponte das Febres

  • Corre lixeira           Angel Viro
  • Ave María Giulio Caccini
  • Olé Olé Popular Andalucía
  • O neno dormía Antonio Paz Valverde
  • MI burrito sabanero Popular Venezuela

3º Coral Centro Sociocomunitario

  • La Despedida – Habanera José Pagan
  • Seguindo unha estrela  Javier Domínguez
  • Noche de Paz    Popular alemá
  • Despacito no hagáis ruido  Popular andaluza
  • O pelo roxiño                  Panxoliña tradicional

 

- Publicidade -spot_img