spot_img
InicioO SalnésArousaVoluntarios retiran 177 quilos de lixo mariño das praias de Cortegada

Voluntarios retiran 177 quilos de lixo mariño das praias de Cortegada

Voluntarios retiran 177 quilos de lixo mariño das praias de CortegadaA actividade enmárcase dentro do programa PLANCTON, unha iniciativa impulsada pola Obra Social de ABANCA, co obxectivo de fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia (ZEPA)

Máis de 60 persoas participaron desde primeira hora da mañá na Illa de Cortegada, dentro do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, nunha limpeza de residuos mariños en distintas praias, actividade que se viu complementada coa celebración dun taller de marisqueo impartido pola Asociación de mariscadoras de Carril, AMARCARRIL.

Como resultado desta gran xornada de voluntariado ambiental recolléronse 177 quilos de residuos dos diferentes areais, fundamentalmente plásticos como botellas e botellos de bebidas, palliñas, tapóns, bolsas e envoltorios, ademais dos xa habituais bastoncillos para limpar os oídos, tamén xoguetes de cans ou un recolledor e pequenos anacos deteriorados de difícil identificación. Xunto a eles, outra serie de residuos cuxo orixe se atopa na actividade pesqueira, como cordas, cabos e pequenos anacos de redes enmarañadas, ademais dos habituais escarvadentes de mexillón extraviados durante a actividade bateeira, foron algúns dos obxectos máis recorrentes retirados das praias nas que levaron a cabo as tarefas de limpeza.

O taller, pola súa banda, desenvolveuse nos parques de cultivo onde as propias mariscadoras mostraron as distintas artes e a súa manexo, a xestión de tallas e especies ou as técnicas de cultivo e extracción, co obxectivo de que os participantes puidesen coñecer de preto a singularidade desta actividade, valorala e concienciarse sobre a importancia de que todos como sociedade actuemos de forma responsable para manter os recursos.

A iniciativa enmárcase no programa PLANCTON, que se desenvolve ao longo de todo este ano 2021, e conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e é complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.

A próxima actividade programada dentro deste plan de conservación territorial será noutro dos arquipélagos do Parque Nacional, o de Ons, onde está prevista unha nova xornada de limpeza o sábado 5 de xuño.

EL PROGRAMA PLANCTON

Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsará o proxecto PLANCTON durante 2021 co fin de fomentar a conservación e sustentabilidade das actividades socioeconómicas desenvolvidas en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño (ZEPA) existentes en Galicia dentro da Rede Natura 2000. O plan desenvolverase nos espazos mariños das Rías Baixas, punta Candieira – ría de Ortigueira-Estaca de Bares, costa de Ferrolterra – Valdoviño e Costa da Morte, así como nas zonas de orixe da actividade pesqueira que incide sobre a poboación das aves mariñas, e fomentará a posta en práctica de diferentes medidas relacionadas coa conservación das especies, a minimización de capturas accidentais de aves durante o exercicio da pesca e a implementación de prácticas sostibles nas actividades socioeconómicas relacionadas co sector do mar nas zonas ZEPA.

Todas as accións complementaranse, co obxectivo de espertar unha conciencia sostible na sociedade, con diversas actividades de sensibilización e formación sobre o valor intrínseco da biodiversidade e da súa conservación, ademais de con exposicións e outros labores de divulgación.

- Publicidade -spot_img