·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Ermida de Santa Marta en Cangas

A Ermida de Santa Marta en Cangas

No municipio de Cangas do Morrazo, xunto á praia de Santa Marta e moi preto xa da coñecida praia de Liméns atópase a pequena capela dedicada a Santa Marta.

Trátase dunha sinxela ermida de planta rectangular e ábsida da mesma forma, cubertas ambas as partes con tella a dúas augas. Na súa fachada ábrese unha porta formada por un arco e coróase cunha sinxela espadana con campá e sobre ela unha cruz.

Non se coñece a data da fundación desta ermida,  ainda que se fala de que foi a finais do século XIV, é máis probable de que non fose construida ata finais do século XVI. Os primeiros testemuños escritos son do ano 1594, con motivo dunha das visitas pastorais que mandaban realizar os arcebispos de Santiago polas parroqias da sús diócese.

O núcleo de poboación ten a súa orixe grazas a existencia dun pequeno e antigo porto pesqueiro coñecido como O Porto.

Dise que nas primeiras etapas do século XVI a encargada do seu coidado e conservación era unha ermitá. Neses tempos, a ermida non posuia renda ningunha e mantíñase coas esmolas dos fregueses. Posteriormente esta foi encomendada ao mordomo de Santa Mará de Darbo. A seguir, quedou abandonada durante un tempo, no que sufriu un gran deterioro, ata que nunha visita pastoral se lle colocou unha cruz de pedra no campanario e arranxároselle as portas.

No ano 1607, o cardendal Jerónimo del Hoyo menciónaa nunha visita que fixo pola diocese ese mesmo ano. A metade do século, as continuas incusrsións de piratas xunto cunha epidemia de peste disminuiron considerablemente a poboación. Con isto redúcense as esmolas coas que subsistía a ermida, o edificio volve caer no abandono e desaparece toda forma de culto.

Esta situación continua ata que nunha nova visita pastoral pónselles un prazo aos veciños para a súa reparación a fin de que se poida recuperar a súa funcionalidade. Nunha nova visita realizada en 1717, os informes xa son favorables, neles consta que a ermida foi reparada grazas aos esforzos da veciñanza.

Non obstante, non se mantén en bo estado e as autoridades eclesiásticas péchana de novo no ano 1791. Sufre un derrubamento parcial, estado no que queda ata a súa reconstrución, no ano 1988, promovida polo Concello de Cangas e coa coloboración do Insttuto Nacional de Emprego (INEM) e con múltiples doazóns feitas polos veciños.

A Ermida de Santa Marta en Cangas

*Información cortesía da Asociación de Veciños Pleamar

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies