·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por marO Centro  Stella  Maris de Vigo, en colaboración con Salvamento Marítimo e a Autoridade Portuaria, programou o traslado por mar da Cruz de  Lampedusa desde o Porto de Vigo ao de Baiona, para sumarse así á homenaxe que esta Cruz peregrina renda ás vítimas da emigración que perderon a súa vida no mar.

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por marSalvamento Marítimo, que posibilitou o rescate de tantas persoas, fixo o percorrido levándoa a bordo dunha das súas embarcacións. Ao embarque no peirao da Laxe no porto de Vigo asistiu o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña e tras unha breve parada no porto de  Canido proseguiu a súa travesía ata Baiona onde chegou ás 13:00  h. onde o esperaban, entre outras personas,  representantes do Concello, do Monte Real Club de Yates, da Diócese de Tui-Vigo e de Stella Maris.

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

Stella  Maris quere solidarizarse de maneira especial cos acontecementos das últimas semanas, nos que miles de persoas arriscaron a súa vida cruzando a fronteira entre Marrocos e España.

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

Despois das declaracións, membros de Salvamento Marítimo procederon a baixar a Cruz da embarcación. No peirao foi recollida por integrantes de Stella Maris e desde alí transportada a pé ata a ex Colexiata e unha vez no seu interior, colocada preto do altar.

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

A Cruz de  Lampedusa, construída no ano 2014 por Francesco  Tuccio con restos de barcas naufragadas fronte á illa italiana de  Lampedusa, converteuse nun símbolo do drama da migración. A súa peregrinación polo mundo pretende unha toma de conciencia sobre as causas e consecuencias da mobilidade humana, o achegamento a un problema global que afecta a todos, e a unión cos que participan e comprométense na súa solución.

A Cruz de Lampedusa peregrina desde Vigo a Baiona por mar

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies