spot_img
InicioBaixo MiñoVinte equipos de toda Galicia disputarán en Goián (Tomiño) o IV Campionato...

Vinte equipos de toda Galicia disputarán en Goián (Tomiño) o IV Campionato Galego Inclusivo

Vinte equipos de toda Galicia disputarán en Goián (Tomiño) o IV Campionato Galego InclusivoO certame terá lugar no río Miño á altura do embarcadoiro accesible e constará de varias probas

Máis de 20 equipos de toda Galicia disputarán o vindeiro sábado 14 de setembro o IV Campionato Galego Inclusivo, que terá lugar no río Miño, ao seu paso pola parroquia tomiñesa de Goián, á altura do embarcadoiro accesible instalado recentemente polo Concello.

A proba, que é tamén a 6º do calendario de Slálom de Motonáutica, é organizada polo Club Sen Amarras en colaboración co Concello e a Federación Galega de Motonáutica. Así o comunicaron  durante a presentación do campionato Pedro Nunes e Fina Pereira, membros do Club Sen Amarras, acompañados polo concelleiro de Deportes, Fran Campo, no salón de plenos.

A proba comezará ás 11.00h e a entrega de trofeos será ás 14.00h. Segundo especificaron os organizadores, o campionato constará de diferentes probas, sendo a principal o percorrido dun circuíto marcado con bollas que as embarcacións terán que superar nun tempo non maior a 4 minutos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.