Inicio Pontevedra Maís de 400 mulleres da provincia de Pontevedra comezan o programa "Conectadas...

Maís de 400 mulleres da provincia de Pontevedra comezan o programa “Conectadas 2019”

Maís de 400 mulleres da provincia de Pontevedra comezan o programa "Conectadas 2019"O programa da Deputación de Pontevedra  “Conectadas 2019” continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde este mércores, 405 mulleres pertencentes a asociacións de 18 concellos pontevedreses comezan 22 cursos. En liñas xerais, a través desta iniciativa da institución provincial, está previsto que participen  4.000 mulleres de 53 concellos da provincia.

O mércores 11 de setembro comezarán seis cursos en asociacións dos concellos do Grove, Redondela, Salceda de Caselas e Vigo. No Grove terán lugar dous cursos, un de “Teatro” , no que participarán as mulleres da Asociación Española contra o Cancro ata o 11 de decembro e en horario de 18.30 a 21.00 horas, e outro de “Artesanía en Coiro” no que participarán integrantes da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove ata o 27 de novembro e en horario de 18.30 a 21.00horas tamén os mércores.

En Redondela tamén mañá comeza o curso de “Ioga” dirixido á Asociación de Mulleres de Chapela Agarimo. Neste caso, o curso terá lugar todos os mércores de 17 a 19 horas e ata o 15 de xaneiro.

Pola súa banda en Salceda de Caselas arrancarán mañá dous cursos de “Ioga”, nos que participarán integrantes da Asociación de Vecinos Carballeira-Picoña, e de “Pilates”, dirixido ás mulleres do Centro Cultural e Veciñal San Xorxe.  O primeiro dos cursos terá lugar os mércores de 20 a 21.30 e os venres de 19 a 20.30 e rematará o 27 de novembro e o segundo dos cursos o mércores de 21.30 a 22.30 e os venres de 21.15 a 22.15 ata o 15 de xaneiro.

No caso de Vigo comezará mañá o “Obradoiro de Mindfulness” no que participarán mulleres da Asociación veciñal Doutor Fleming. O curso desenvolverase os mércores de 10 a 12 e ata o 11 de decembro.

O xoves, 12 de setembro, comezarán catro cursos en asociacións dos concellos de Barro, A Guarda, O Porriño e Vilagarcía de Arousa. No primeiro concello terá lugar o obradoiro de “Iniciación ao  Patchwork” no que participarán integrantes da Asociación Peñaflor todos os xoves de 15.30 a 17.30 horas ata o 11 de decembro. Na Guarda, terá lugar un curso de “Risoterapia” dirixido a mulleres da Asociación Érguete que se desenvolverá de 18.40 a 20.40 todos os xoves ata o 2 de xaneiro.

Pola súa banda no Porriño terá lugar un curso de “Artesanía en Coiro” dirixido a mulleres da Asociación Cultural Os Penediños, todos os xoves de 19.30 a 22.00 horas e ata o 26 de decembro. Finalmente, e tamén o xoves, arrancará o curso de “Pilates” no que participarán mulleres da Asociación Anduriña de Sobradelo de Vilagarcía ata o 30 de xaneiro e en horario de 18 a 19.30.

O venres, 13 de setembro, comezarán nove cursos en asociacións de oito concellos da provincia: Caldas, Lalín, Mos, Oia, Ponteareas, Rodeiro, Vila de Cruces e Vilaboa. Así, en Caldas iniciarse o taller de “Artesanía en Coiro” no que participarán mulleres da Asociación Santa Mariña todos os venres de 16 a 19 horas ata o 20 de decembro.  En Lalín mulleres da Asociación de Mulleres de Filgueira comezarán o curso de “Pintura” que se estenderá ata o 18 de xaneiro en horario de 20 a 22.00. No caso de Mos terá lugar un obradoiro de “Risoterapia” no que participarán mulleres da Asociación As Pedriñas ata o 27 de decembro de 20.30 a 23 horas.

Pola súa banda tamén o venres iníciase un curso de “Iniciación á Costura” no que participarán mulleres da Asociación Santa Eugenia de Mougás de Oia ata o 27 de decembro e en horario de 18 a 20.30. No concello de Ponteareas, un grupo de mulleres da Asociación Casa Cultural de Bugarín comezan o curso de “Pintura” que se estenderá ata o 27 de decembro en horario de 18 a 20.30. En Vila de Cruces arrancará “Ximnasia de Mantemento” no que participarán todos os venres de 22 a 24 horas e ata o 17 de xaneiro un grupo de mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Loño. Amais en Vilaboa comezará “Iniciación ao patchwork” con mulleres da Asociación de Veciños Santa Cristina ata o 21 de decembro e en horario de 19 a 21.30.

Finalmente en Rodeiro desenvolveranse dous cursos os venres nos que participarán mulleres da Asociación Virxe do Faro e Terras de Camba. No caso da primeira asociación comezarán o obradoiro de “Xardinería”, que se estenderá ata o 13 de decembro en horario de 17 a 20 horas, e, a segunda asociación, fará o mesmo con “Risoterapia” ata o 27 de decembro en horario de 16 a 18.30 os venres.

O sábado, 14 de setembro, comezarán tres cursos nos concellos da Estrada, Silleda e Vigo. Na Estrada terá lugar un obradoiro de “Sendeirismo” no que participarán mulleres da Asociación de Veciños a Firgha da Somoza e se desenvolverá ata o 7 de decembro todos os sábados de 16 a 19 horas. En Silleda desenvolverse unha acción formativa de alfabetización dixital dirixida a mulleres da parroquia de Laro todos os sábados ata o 21 de decembro e en horario de 16 a 18.30 horas. Finalmente en Vigo terá lugar un obradoiro de “Sendeirismo” que comezará o sábado e desenvolverse ata o 7 de decembro de 10 a 13 horas.

“Conectadas 2019” trátase dun programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa tamén busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital.  Este programa está dirixido a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e actuación, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade de mulleres e homes.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies