Inicio Galicia Teresa Portela lidera a delegación galega en Tokio

Teresa Portela lidera a delegación galega en Tokio

Teresa Portela lidera a delegación galega en TokioTeresa Portela atópase en Tokio, xunto ao resto de compoñentes do equipo español desprazado a terras nipoas, para participar no primeiro Test Olímpico que se vai a celebrar o 12, 13, 14 e 15 de Setembro, nas instalacións de Central Breakwater, sede que acollerá a competición de piragüismo e remo durante os Xogos olímpicos de 2020.

Esta cita é unha boa oportunidade para os deportistas e técnicos para coñecer de primeira man as reviravoltas da pista na que se decidirán as medallas dos próximos xogos olímpicos.

A presenza galega neste evento complétana Rodrigo Germade, Carlos Arévalo, ademais de Antía Jácome, Sergio Vallejo e Adrián Sieiro. Todos eles chegan a esta cita por invitación despois dos resultados alcanzados o pasado ano no campionato mundial de Portugal. Ademais hai que engadir a presenza da xuíz árbitro Marta Felpeto e o técnico grovense David Mascato.

Este primeiro test chega despois de que o equipo español asegurase a presenza do piragüismo español na próxima cita olímpica de Tokio 2020 fai un par de semanas no Campionato do Mundo de Hungría 2019. A medalla de bronce de Teresa Portela en K1 200 e a prata do K4 masculino de Craviotto, Arévalo, Cooper e Germade aseguraban os pasaportes olímpicos de España. Aos que hai que engadir os conseguidos por Carlos Garrote no K1 200 e o K2 1000 metros de Cubelos e Pena.

As distintas regatas comezarán o vindeiro xoves día 12 coa presenza de Teresa Portela na proba de K1 200 metros, Antía Jácome que competirá en C1 200 metros e Adrián Sieiro e Sergio Vallejo en C2 1000 metros. Para o venres están previstas as semifinais e finais destas carreiras.

O sábado será a quenda para Carlos Arévalo en K1 200 metros, así como para Rodrigo Germade que participará en K2 1000 metros xunto ao balear Marcus Cooper, tamén volverán competir os canoistas do Piragüismo Poio Sieiro e Vallejo na modalidade individual de 1000 metros, pola súa banda Antía Jácome subirase á canoa formando parella coa valisoletana Patricia Coco na distancia de C2 500 metros. O domingo pecharase este primeiro test coas finais destas probas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies