Inicio Vigo e área O Porriño O CEIP de Atios da a benvida ao novo curso escolar no...

O CEIP de Atios da a benvida ao novo curso escolar no acto formal de apertura con representantes de todos os Centros do Porriño

O CEIP de Atios acolle o acto de apertura del curso escolar 2019/2020 no PorriñoO Concello de Porriño agarda que sexan máis de 3.000 alumnos e alumnas do municipio os que estean matriculados este curso escolar, entre todos os centros de ensino do municipio.

Lourdes Moure, concelleira de Educación presidiu hoxe o acto oficial de apertura do curso escolar na vila de Porriño. Para este curso 2019/2020 a previsión da comunidade educativa porriñesa é que estean escolarizados nos sete colexios, no centro Aceesca e nos dous institutos, unha cifra superior ós 3.000 rapaces e rapazas.

O CEIP de Atios da a benvida ao novo curso escolar no acto de formal apertura con representantes de todos os Centros do Porriño

O acto de apertura se celebrou no CEIP de Atios, con asistencia de directores de centros docentes e representantes das Anpas. Roberto Devesa, director do colexio anfitrión nesta quenda, agradeceu ó Concello de Porriño, a Consellería de Educación e ós pais e nais de alumnos o esforzo común que realizaron para acometer as obras de mellora neste CEIP, tanto nas instalacións educativas como no pabellón deportivo.

Na mesma liña tamén falou Fabián Vázquez, presidente da Anpa que instou a alumnos e profesores a manter un nivel permanente de esforzo.

Pola súa banda Lourdes Moure garantiu que o Concello de Porriño vai continuar coas políticas de apoio á comunidade educativa que “por certo coma esta de Porriño coido que non hai outra tan activa”.

Lourdes Moure que anunciou que se aumentará esa partida nos Orzamentos Municipais para o vindeiro ano e subliñou,”Imos seguir coa Semana Branca para que os escolares de todos os colexios do Porriño que o desexen vaian á neve como fixemos nos últimos catro anos nunha iniciativa pioneira neste concello”.

Finalmente, Lourdes Moure lembrou ós presentes que Porriño é Cidade Amiga da Infancia “o que obriga a manter políticas activas a prol dos nenos que se plasmen nos plenos municipais infantis que seguiremos celebrando”. E por último a concelleira de Educación reivindicou os irmandamentos coas vilas de Fronçac (Francia) e Vrgorac (Croacia) para fomentar a aprendizaxe de francés e inglés para os nenos e nenas de Porriño.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies