Inicio Pontevedra Louriña O Club Balonmán Porriño exhibe músculo na presentación de todos os seus...

O Club Balonmán Porriño exhibe músculo na presentación de todos os seus equipos

O Club Balonmán Porriño exhibe músculo na presentación de todos os seus equiposCon máis de 250 jugadores federados o Club Balonmán Porriño exhibe músculo na presentación de todos os seus equipos, en categorías base e élite.

Todos os equipos do “Balonmán Porriño” encabezados pola plantilla que xoga Liga Guerreras Iberdrola na máxima categoría feminina, participaron hoxe no acto de presentación no Concello que tivo lugar na praza do Arquitecto Antonio Palacios. O acto contou  coa asistencia de Eva García, alcaldesa de Porriño; David Alonso, concelleiro de Deportes, Lourdes Moure, tenente de alcalde e Abel Estévez, tamén concelleiro e presidente do “Balonmán Porriño”.

Abel Estévez agradeceu ós patrocinadores e as familias dos xogadores e xogadoras “o seu apoio e implicación” e “de xeito moi especial hoxe toca agradecer ó noso principal soporte que é Concello do Porriño “. “Eva, David e Lourdes, moitas grazas pola vosa colaboración co deporte porriñés e particularmente co balonmán” dixo Estévez que engadiu que “dende que son presidente sempre tiven e sentí moito apoio do Concello e agardo que siga sendo así por moitísimos anos máis” e pidiu que “sigades puxando porque somos un referente deportivo en toda España posto que somos o único club que ten dous equipos na primeira e na segunda división feminina martes e sen vosa axuda non sería posible” rematou Abel Estévez.

Por su parte Eva García lembrou “o que disfrutei o pasado sábado” no primeiro partido de Liga Guerreras que Balonmán Porriño gañou. A alcaldesa destacou que “é maravilloso ver como xogades” e suliñou que “xa levades 9 anos na máxima categoría do balonmán feminino e penso que haberá pouquísimos equipos en España que poidan presumir desa xesta”.

“Coido que nunca seremos quen de agradecervos dabondo que puxerades o nome de Porriño tan alto no deporte de élite, moítisimas, moítisimas grazas”, dixou a alcaldesa.

Eva García reivindicou que o alcume de “Concello do Deporte” “non foi improvisado senón que é producto do esforzo de moitos anos e outros alcaldes e concelleiros que tamén fixeron unha aposta decidida por apoiar o deporte base e ós nosos clubs como agora estamos a facer dende o goberno municipal que presido e que así seguiremos facendo nestes catro anos”, rematou.

Este acto estivo preludiado por una unha xornada matinal de balonmán na rúa. Ambas estaban  incluídas na programación do Concello con motivo das Festas do Cristo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies