spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaUnha exposición fotográfica recolle a historia das Alfombras Florais na Guarda

Unha exposición fotográfica recolle a historia das Alfombras Florais na Guarda

Unha exposición fotográfica recolle a historia das Alfombras Florais na GuardaA Casa dos Alonsos da Guarda acolleu hoxe a inauguración da Exposición fotográfica sobre as Alfombras Florais na Guarda, unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo.

No acto de inauguración interviron o Alcalde en funcións, Antonio Lomba, a Concelleira de Turismo en funcións, Montserrat Magallanes e a Presidenta da  Asociación Cultural Alfombras da Guarda, Mª Emilia Baz, contando coa presenza de numerosas persoas que participan cada ano na elaboración das Alfombras Florais na Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus no pobo da Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

A Exposición, que leva por nome «Alfombras Florais da Guarda», estará na Casa dos Alonsos ata o domingo 23 de xuño en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

«Alfombras Florais da Guarda» é unha mostra que recolle o percorrido da tradición da creación de alfombras elaboradas con flores e outros ornamentos naturais para engalanar as rúas da vila en datas especiais. Trátase dunha costume cunha longa traxectoria na vila e cunha importante bagaxe cultural vinculada inicialmente ó ámbito relixioso e que forma parte sen dúbida do patrimonio cultural da vila guardesa. A Exposición tamén recolle o proceso da súa elaboración, co esfollado do verde, o corte da flor, o marcado do deseño, o perfilado a elaboración e os detalles finais.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

Dende esta exposición abordase a temática desde tres puntos de vista, por unha banda o aspecto histórico, repasando os antecedentes e datas sinaladas sen os cales non se entendería a grandeza desta festividade, por outra banda o Organizativo, amosando como se organizan e elaboran as alfombras e xa para finalizar o aspecto dos percorridos, representando as rúas onde se realizan as alfombras, os rezos e bendicións e demais celebracións asociadas a este evento.

- Publicidade -spot_img