Inicio Pontevedra Baixo Miño Tomiño participará nun proxecto de I+D para crear unha rede de mercados...

Tomiño participará nun proxecto de I+D para crear unha rede de mercados europeos de venta on-line de produtos locais

Tomiño participará nun proxecto de I+D para crear unha rede de mercados europeos de venta on-line de produtos locaisXunto co Instituto de Innovación e Comunicación do Mercado de Barcelona porá en marcha unha iniciativa na que colaborarán os mercados de Budapest, Riga, Bratislaba e Praga, entre outros. Este é un dos resultados da participación do Mercado de Tomiño na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos de Londres

A presenza do Mercado de Tomiño en Londres está a dar os seus froitos. O mercado tomiñés foi elixido para participar na 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos de Londres como un dos 20 exemplos seleccionados polo seu bo facer, o único de toda a península xunto con Barcelona e Lisboa. E ese escaparate ante máis de 400 representantes de mercados de todo o mundo serviu para prender o xermolo de novos e pioneiros proxectos: Tomiño participará na posta en marcha dun proxecto de I+D que permita crear unha rede de mercados europeos de filosofía de proxectos parecidas para desenvolver a venda on-line de produtos locais.

Un camiño que iniciará xunto co Instituto de Innovación e Comunicación de Mercados de Barcelona, que se comprometeu coa alcaldesa Sandra González para acompañar a Tomiño nesta nova e ilusionante andaina. Tras varios encontros de representantes da empresa que xestiona o Mercado de Tomiño, Rural Consulting, cos de outros centros europeos Budapest, Riga, Bratislava e Praga, entre outros mercados, xa manifestaron o seu interese por participar nesta iniciativa.

Intercambio de experiencias

Participar nesta experiencia brinda ao Mercado de Tomiño a grande oportunidade de entrar en contacto con outros mercados europeos e facer intercambio de experiencias dos que saen proxectos conxuntos de futuro. Durante a súa participación na conferencia, a alcaldesa de Tomiño presento un mercado que destaca por ser un proxecto creado por un equipo multidisciplinar, que contou coa participación da veciñanza e que serviu como eixo transformador da contorna conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia. “Dende o principio o obxectivo era ter un proxecto inspirado nas persoas ás que estaba destinado e as que o usarían e non facer un proxecto deseñado dende arriba por persoas que igual nin o coñecían”, salientou Sandra González durante a presentación do proxecto no City Hall de Londres.

Agora o futuro do Mercado de Tomiño pasa por “non ser estático e revisar e reconsiderar constantemente o seu papel na sociedade”, atendendo “os cambio no estado de ánimo do publico e das súas necesidades”.

Un evento de Project for Public Spaces

Esta conferencia foi é posta en marcha cada ano por Project for Public Spaces, unha organización con sede en Nova York que cada edición deseña un programa no que as conferencias mestúranse tamén con talleres, seminarios e visitas aos mercados da cidade que acolle a actividade, normalmente grandes cidades internacionais como Barcelona, San Francisco ou París.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies