Inicio Pontevedra Baixo Miño O Consorcio do Louro fai entrega dos premios do IV Concurso de...

O Consorcio do Louro fai entrega dos premios do IV Concurso de Debuxo Infantil

O Comité Directivo durante a entrega de premios do IV Concurso de Debuxo infantil

O pasado mércores, coincidindo coa celebración do día mundial do medio ambiente, fíxose a entrega dos premios do IV Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio, que este ano tiña como lema “Os Investigadores da Auga trala pista do ciclo integral da auga”.

Os catro primeiros premios, un por cada Concello consorciado, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por Concello, recibiron unha pulseira de actividade.

Os representantes dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui así como a Directora de Augas de Galicia quixeron agradecer a participación dos nenos nesta cuarta convocatoria, na que se presentaron preto de 250 debuxos, e resaltaron a importancia de difundir e concienciar da importancia da boa xestión e dun uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.

Os 12 debuxos seleccionados serán utilizados para editar un calendario do ano 2020 que, como xa é costume, será distribuído polo Consorcio en diferentes puntos.

Os debuxos gañadores poden consultarse tamén accedendo á web do Consorcio na dirección http://www.consorciodolouro.es

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies