Inicio Baixo Miño A Guarda Un thriller ecoloxista escrito por un neno de 11 anos gaña o...

Un thriller ecoloxista escrito por un neno de 11 anos gaña o certame convocado por Orpagu e Galaxia

concurso de relatos "Xosé Carlos Gómez Alfaro". Rodrigo Buján Fernández, de Tui, gaña o concurso literario “Gómez Alfaro”, organizado dende hai catro anos polos palangreiros guardeses en colaboración coa Editorial Galaxia.

“O rescate de Xosé”, un  thriller ecolóxico escrito por Rodrigo Buján Fernández, de 11 anos, foi o gañador nesta edición do concurso de relatos “Xosé Carlos Gómez Alfaro”. O certame literario que puxo en marcha fai catro anos a Organización de Palangreiros Guardeses, en colaboración coa Editorial Galaxia, segue cumprindo o seu obxectivo de promocionar a literatura galega e o mundo da pesca, así como de iniciar aos máis pequenos no mundo das letras.

Nesta edición foron un total de 41 os relatos presentados por nenas e nenos de entre 10 e 12 anos da Guarda, Tomiño, O Rosal, Oia, Tui, Salvaterra e Santiago de Compostela. Todos eles demostraron unha gran imaxinación á hora de abordar a temática do certame, -os homes e mulleres do mar-, e non llo puxeron nada fácil aos membros do xurado, formado nesta ocasión  polos escritores Raquel Castro,  Manrique Fernández e Diego Giráldez.

O texto gañador, “Ou rescate de Xosé” empeza coa misteriosa desaparición dos bancos de peixe espada,  continúa cunha alegación contra o lixo mariño, concretamente a que provoca o plástico, e termina co pobo da Guarda mobilizándose para combater este problema.

Novidades deste ano

Este ano, o certame ampliou o seu nome para incorporar o do poeta e profesor ourensán Xosé Carlos Gómez Alfaro, falecido en 2008, que desde 1978 exerceu a súa actividade docente na Guarda, no colexio dos Pais  Somascos. Varias xeracións de guardeses estudaron con Gómez Alfaro e gardan un recordo indeleble dos seus ensinos, o seu amor pola poesía, o seu coñecemento dos autores galegos e a súa devoción pola Guarda, a súa segunda “ matria”, como adoitaba dicir e escribir.

Ao acto de entrega de galardóns, que terá lugar o próximo día 1 de xuño, asistirá, ademais de representantes de  Orpagu, da Editorial Galaxia e os membros do xurado, a viúva de Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Un thriller ecoloxista escrito por un neno de 11 anos gaña o certame convocado por Orpagu e Galaxia
Gañador e finalistas do 2018

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies