spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDía Internacional dos Museos. Unha oportunidade para coñecer outra das experiencias que...

Día Internacional dos Museos. Unha oportunidade para coñecer outra das experiencias que ofrecen as Rías Baixas

Masat A Guarda

Que é e para que serve o Día Internacional dos Museos? O Día Internacional dos Museos é un evento coordinado polo Consello Internacional de Museos ( ICOM) que ten lugar cada ano ao redor do 18 de maio.

Foi establecido en 1977 e celébrase o 18 de maio en todo o mundo co obxectivo de sensibilizar ao público sobre o feito de que “Os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos”. O ICOM é a principal organización de museos e profesionais de museos de alcance global, e está comprometida coa promoción e a protección do patrimonio natural e cultural, presente e futuro, material e inmaterial.

Os museos das Rías Baixas, escaparates de tesouros que expoñen un legado histórico e artístico

A riqueza patrimonial da provincia de Pontevedra e a coidadosa tarefa para conservalo converten os seus museos nun referente destacado para achegarnos a un inxente legado cultural que lles garante ás e aos viaxeiros unha experiencia única coa que enriquecer a súa visita ás Rías Baixas. Aquí recollemos algúns dos que podes visitar.

Museo de Pontevedra (Pontevedra)

Creado en 1927 pola Deputación Provincial para continuar o labor da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, da que herdou unha extraordinaria colección de obras de arte e documentos, o Museo de Pontevedra reúne na actualidade máis de 16.000 pezas entre pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, mobles, xoias etc. Os seus fondos abarcan desde a Prehistoria e Antigüidade ata o século XX, ademais de contar con fondos de numismática, artes decorativas, etnografía e naval.

Seis son os edificios que o compoñen, situados todos na cidade de Pontevedra as Ruinas de San Domingos (foto superior) vestixios do convento homónimo de dominicos existente nos séculos XIV-XV; o edificio Sarmiento con fondos da Prehistoria e produtos cerámicos, ademais dunha importante colección de arte contemporánea e asiático-oriental; o Edificio Castro Monteagudo, sede fundacional do museo; o Edificio García Florez, unha gran casa señorial urbana de finais do século XVIII; o Edificio Fernández López, que acolle fundamentalmente obras pictóricas dos séculos XIX e XX; e o Sexto Edificio (foto inferior),inaugurado en 2013 e destinado a exposicións, conferencias e obradoiros.Museo Pontevedra

Museo MASAT (A Guarda)

O que foi o primeiro museo arqueolóxico de Galicia atópase situado nunha localización estratéxica, na cima do monte Trega,unha impoñente atalaia de 341 metros de altitude que ofrece espectaculares vistas, nun ángulo de 360 graos, da fronteira natural entre Galicia e Portugal que debuxa o río Miño na súa desembocadura.

Na sala de exposicións do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), fundado en 1917,poderemos atopar unha visión dos sucesivos períodos do castro e os traballos arqueolóxicos de investigación centrados no poboado prerromano de Santa Trega, datado entre os séculos IV a. C. e I d. C. Nun repaso desde a Prehistoria e a Idade de Bronce ata a época dos castros e romana, poderemos ver raspadores, picos asturienses, machadas, gravados rupestres, útiles e elementos de culto e ornamentación.a-primeira-barferencia-do-ano-que-versara-sobre-o-centenario-do-museo-do-monte-da-guarda

CASA DOS OFICIOS DO ROSAL

Na primeira década do século pasado centos de homes da Guarda e O Rosal víronse obrigados a buscar traballo fóra da súa terra para poder vivir. Exerceron como telleiros ou “cabaqueiros” en condicións extremas. A súa xerga, costumes e labor están a resgardo no Centro Etnográfico “Casa dos Oficios”  inaugurado en 2013 polo Concello do Rosal. O Centro Etnográfico “Casa dos Oficios” do Rosal, dedica toda a súa planta baixa a presentar, con última tecnoloxía, os pormenores do oficio, costumes, destinos, ata cartas escritas na súa xerga e entrevistas en vídeo.

Festa do Cabaqueiro. Cada 12 de outubro dese 1988 celébrase na Praza do Calvario a Festa do Cabaqueiro en recordo dos veciños que traballaban as  tellas no Baixo Miño, considerados os herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da comarca. Xunto coa agricultura, o traballo de cabaqueiro era a ocupación da maioria dos rosaleses e baixomiñotos até mediados do século XX. A elaboración de tellas e ladrillos faciase a man cun equipo de polo menos cinco cabaqueiros, “a cuadrilla”. A tempada de traballo era de cinco meses, cada cuadrilla era contratada para traballar en telleiras de Galicia, da Península e mesmo de Sudamérica. Existía unha linguaxe particular entre eles con fin de manter unha intimidade e non ser entendidos por persoas alleas. Esta xerga recóllese en distintas publicacións. Este “Centro de Interpretación do Oficios” do Rosal non tería sido o mesmo sen a colaboración dunha enorme cantidade de persoas que deron luz, palabras e sentido.

Casa da Navegación de Baiona

Situada  no casco  histórico  de  Baiona,  na  coñecida  como  Casa  Carvajal,  a  Casa  da Navegación de Baiona é unha institución municipal que acolle a Colección Visitable que mostra a  evolución  histórica,  urbana  e social  da  Real  Vila,  destacando  as  privilexiadas  relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel trascendental que xogou o seu porto na historia da Navegación Atlántica.

Esta  colección permítenos  coñecer  e  profundizar  no  noso  legado  histórico  a  través  da exposición  de  fondos  propios  do  Concello,  documentos  antigos  que  atesora o seu  arquivo histórico, facsímiles de documentos relacionados coa Vila, depositados e custodiados en outras institucións museísticas, pezas recuperadas procedentes das intervencións arqueolóxicas e subacuáticas  no  termo  municipal  de  Baiona  e a súa  liña  costeira,  e  da  cesión  de  pezas, documentos e portulanos pertencentes a coleccións tanto museísticas como particulares.a-xunta-aproba-a-inclusion-da-sala-expositiva-do-museo-da-navegacion-de-baiona-no-catalogo-oficial-de-museos-de-galicia

A Casa da Navegación está distribuída en catro áreas temáticas e trece módulos. A pranta baixa está adicada á contextualización xeográfica e a orixe e evolución da vila. A primeira pranta estructúrase en outros dous ámbitos: o porto e o seu significado social, urbano e histórico, e a arte e os perigos da navegación.

Museo Massó (Bueu)

- Publicidade -spot_img