Inicio Pontevedra O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3...

O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías Baixas

O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías BaixasO equipo do Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías Baixas e afianza o seu liderado á fronte do Campionato Galego de rallys.

Víctor Senra e o seu copiloto David Vázquez xa forman parte da historia do Rally Recalvi Rías Baixas. Este sábado inscribiron o seu nome como vencedores da 53º edición, tras conseguir o mellor tempo en cinco dos nove tramos disputados na segunda etapa da proba viguesa. Alberto Meira (con catro scratchs) foi segundo e Ricardo Costa completou o pódium.

O actual campión galego encarou a segunda etapa do Rally desde a vixésima posición, despois de deixarse 22 segundos nas dúas pasadas á superespecial Vigo – O Castro. Pero no primeiro tramo deste sábado levantouse xa ao segundo posto tras marcar o mellor tempo e aproveitarse, sobre todo, dos problemas do portugués Ricardo Costa e a picada que lastrou toda a proba ao campión asturiano Óscar Palacio.

O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías Baixas
Oscar Palacio nun tramo de Vigo

Ao liderado da clasificación xeral levantouse Alberto Meira, que logrou o segundo mellor tempo no TC3. O de Vincios saíu a por todas no TC4 (Gondomar – O Porriño) e aumentou a súa vantaxe con Senra, pero unha buxaina en Salceda e un novo scratch de Senra na especial de Vigo – Alba – Nigrán relegoulle á segunda posición.

Cos dous pilotos separados por sete segundos, a loita pola primeira praza presentábase apaixonante. Esperábase que Alberto Meira volvese atacar no Tramo Gondomar – O Porriño, pero problemas no turbo do seu Citroën DS3 R5 fixéronlle perder moito tempo con respecto a Víctor Senra, finalizando o segundo bucle a + 51.674 do líder.

O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías Baixas
Alberto Meira

Co rallye xa de fronte, o do Citroën C3 R5 preferiu non arriscar na última sección do 53 Rallye Recalvi Rías Baixas e mesmo aproveitou para probar novos reglajes na súa montura.

Toda a atención centrouse entón na loita pola segunda e terceira praza. Meira puido liquidar os problemas do seu Citroën DS3 R5 na asistencia e anotouse o scrtach nos tres últimos tramos da tarde, o que lle permitiu asegurarse o segundo caixón do podio, a 21 segundos de Senra e con +30.751 de vantaxe sobre o portugués Ricardo Costa, que lle gañou a batalla por ese terceiro caixón a Iago Caamaño. Manuel Fernández, vencedor da pasada edición do 53 Rally Rías Baixas foi quinto.

O grupo de dez primeiros clasificados completárono Óscar Palacio, o excampeón galego de rallys Luís Vilariño, David González Gil e Jorge Cagiao, piloto do Renault Clio pertencente ao Recalvi Team e que logrou vencer dentro da categoría N5 ao Suzuki Swift de Pablo Rey, décimo clasificado.O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías Baixa

As Copas de promoción

Nun rally complicado pero que compensou con decoro, o portugués Ricardo Costa foi, ademais, o piloto mellor clasificado da Pirelli- Driver Top Ten A. Na Pirelli- Driver Top Ten B dominou con total autoridade Francisco Dourado. A primeira etapa finalizou con Jose Manuel Pazos no máis alto desta Copa, pero Dourado levantouse ao liderado no primeiro tramo desta segunda xornada e xa non se apeou do mesmo.

O equipo de Víctor Senra e David Vázquez co seu Citroën C3 R5 imponse no 53 Rally Recalvi Rías Baixas
Ricardo Costa

Na Pirelli- AMF MotorSport viviuse algo parecido. Rubén López, que chegaba aquí coa bitola de líder destacado, logrou subir ao primeiro posto na primeira pasada por Vigo – O Castro, pero a partir de aí Joaquín Pérez Rey levou o mando da proba, certificando a vitoria final con 31 segundos de vantaxe sobre López.

No Volante FGA impúxose Diego Vila, quen se mantivo á fronte durante todo o rally, e na Iniciación Recalvi o líder provisional, Gabriel Rodríguez, viuse superado no último bucle por Ricardo Estévez.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies