spot_img
InicioVal MiñorGondomarHomenaxe en Gondomar a Antonio Fraguas Fraguas

Homenaxe en Gondomar a Antonio Fraguas Fraguas

Homenaxe en Gondomar a Antonio Fraguas FraguasO vindeiro xoves 23 de maio ás 20:30H o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica este ano a data das Letras Galegas.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena estará a actuación de  Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blues.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguiron Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril. 

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo.

- Publicidade -spot_img