Inicio Pontevedra Baixo Miño O Kayak Tudense - Axuda Paramos terceiro na Copa de España Sprint

O Kayak Tudense – Axuda Paramos terceiro na Copa de España Sprint

O Kayak Tudense - Axuda Paramos terceiro na Copa de España SprintO Club Kayak Tudense conseguiu a terceira posición da clasificación xeral por equipos na 2º Copa de España Sprint que se disputou no encoro de Pontillón do Castro en Verducido (Avilés) esta fin de semana, sobre as distancias de 200 e 500 metros.

O equipo tudense sumou un total de 744 puntos, por detrás do Club Escola de Piragüismo Aranxuez que alcanzou a cifra de 1625 puntos, mentres que segundo sería o Club Náutico de Sevilla con 999 puntos.

A xornada do domingo estaba reservada para as carreiras das embarcacións dobres, así ben as finais da distancia de 200 metros foron as primeiras en disputarse, en K2 home senior Carlos Pérez “ Perucho” xunto a Diego Dacosta do Club Ría de Aldán facíanse coa medalla de bronce, os de Aldán cederon ente o empuxe da parella do Fluvial de Lugo formada por Cristian Toro e Oskar Pawel que gañaron a proba, mentres que os irmáns Abad foron segudos. Os canoistas do Piragüismo Poio Sergio Vallejo e Adrián Sieiro fixéronse coa vitoria na final de C2, en terceiro lugar clasificábanse David Barreiro e Pablo Graña do Rodeira de Cangas. Antía Jácome e Jenifer Casal lograron a medalla de ouro en C2.

O Kayak Tudense - Axuda Paramos terceiro na Copa de España Sprint
Copa de España Sprint PODIO K2 SENIOR

A parella do Club Ribeiras do Trambre formada por Anxo González e Gabriel Martínez gañaron a final de K2 200 xuvenil. Os canoistas do Náutico O Muiño Manuel Fontán e Enrique Costa levaron o bronce en C2, mentres que en mulleres Lara Feijoo e Nuria Romero do Kayak Tudense conseguiron a segunda posición en K2. Estas dúas embarcacións repetirían posicións nas finais de 500 metros.

A distancia de 500 deparábanos máis éxitos galegos. As dúas piraguas do Kayak Tudense de Roi Rodríguez xunto a Albert Martí lograron o primeiro posto en K2. Pola contra en muller senior Tania Fernández e Ana Varela (Kayak Tudense) gañaron a prata na final feminina. Na final de C2 Alex Bernárdez formando barco con Sergio Vallejo do Piragüismo Poio e David Barreiro xunto con Pablo Graña lograron a medalla de prata e bronce.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies