Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto da Coral Novos...

Nigrán celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto da Coral Novos Aires e o Coro Cantares de Brión no que homenaxearán a Bernardino Graña

Nigrán celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto da Coral Novos Aires e o Coro Cantares de Brión no que homenaxearán a Bernardino GrañaTerá lugar mañá ás 20:00 horas no Auditorio Municipal e asistirá o propio Bernardino Graña, do que interpretarán ‘Volvín a terra pro perdín o amor’

O Concello de Nigrán conclúe mañá, Día das Letras Galegas, a programación especial do mes por esta festividade cun concerto da Coral Novos Aires de Nigrán e o Coro Tradicional Cantares do Brion como invitado no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. A actuación, co apoio da Deputación de Pontevedra, servirá de homenaxe ao escritor Bernardino Graña, quen reside no municipio e que acudirá a este concerto no que, precisamente, Cantares do Brion interpretará o seu poema ‘Volvín a terra pro perdín o amor’. Ponse así o punto final a unha programación especial polas Letras Galegas que arrancou con ‘A Banda da Loba’, o coro Gli Appassionati en Chandebrito, o monólogo de Carlos Blanco e unha actividade infantil sobre Fraguas.

A Coral Polifónica Novos Aires, dirixida por Xosé Alfredo Oliveira, interpretará os poemas de X.A.Blazquez ‘Peixiño de cristal’, ‘O merlo poeta’ e Arco da Vella’; ‘Terra’, de Campio Pereira; ‘De babor a estribor’, de Modesto Fraga; ‘O Pandeiro ten a culpa’, de Feixóo; e ‘A Fala’, de Manuel María.

O Coro Tradicional Cantares do Brion, dirixido por Pablo Rial Salgueiro, interpretará ‘Non vou’, de Esther Lage; ‘Pasodobre de Sísamo’ popular; ‘Quen foi lume’, de Marica Campo; ‘Volvín a terra pro perdín o amor’, de Bernardino Graña; ‘Voan os meus pensamentos’, de Ramón Cabanillas; ‘Has de cantar’, de Rosalía de Castro; e ‘Poemas ao outono’, de Manuel María.

*A fotografía pertence ao blog da Coral Novos Aires

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies