spot_img
InicioBaixo MiñoTui porá en valor os petróglifos de Rozacús e do Alto do...

Tui porá en valor os petróglifos de Rozacús e do Alto do Coello en Randufe

Tui porá en valor os petróglifos de Rozacús e do Alto do Coello en RandufeO Concello de Tui vai pór en valor os petróglifos de Rozacús e do Alto do Coello en Randufe, no que vai investir 12.826 € procedentes dunha achega da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico cultural dirixidas a concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2019.

Trátase dun proxecto encargado pola Concellería de Patrimonio, dirixida por Eduardo Freiría Martínez co fin de dar visibilidade e protección a estas estacións rupestres declaradas BIC. Para elo está previsto que as actuacións a levar a cabo vaian encamiñadas cara a súa conservación mediante a eliminación dos mantos superficiais de terra e capas bioxénicas da rocha. Tamén se realizará un traballo de sinalización, ao pé da estrada para indicar a ubicación e paneis informativos nas propias estacións.

A maiores, co fin de adecuarse ao uso das novas tecnoloxías e a difusión a través da páxina web e redes sociais, prevese a realización dun modelado 3D das estacións rupestres.

Estes elementos patrimoniais están ubicados no monte comunal de Randufe, polo cal foi precisa a súa cesión de uso por parte da Comunidade de Montes de Randufe.

Por outra parte, no mes de agosto do pasado ano, dentro das rutas organizadas pola Concellería de Patrimonio “Tralas pegadas do tempo” xa se levara a cabo a difusión e concienciación social cara estes elementos patrimoniais, traballo previo e lóxico dentro da cadea de valor do patrimonio que ha de concluír coa intervención de conservación e posterior didáctica.

- Publicidade -spot_img