spot_img
InicioAlto MinhoCentros escolares de Cerveira e Tomiño amosarán decenas de traballos artísticos elaborados...

Centros escolares de Cerveira e Tomiño amosarán decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnado

Centros escolares de Cerveira e Tomiño amosarán decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnadoA programación cultural de primavera chega ao seu fin coa décima Mostra de Arte Infanto-Xuvenil Educarte

Vila Nova de Cerveira converterase durante tres días, en capital da arte moza, coa celebración da décima edición de “Mostra de Arte infanto-xuvenil Educarte”, unha exposición que recolle decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnado de varios centros escolares do municipio luso e de Tomiño.

A mostra Educarte posúe un dobre propósito; por unha parte o sentido da aprendizaxe e coñecemento artístico-cultural, patrimonial e ambiental, e por outra, a creación de traballos artísticos e propostas interactivas do alumnado de centros transfronteirizos, creándose ao mesmo tempo, unha dinámica de coñecemento e interacción entre o alumnado dun e outro lado da fronteira, no marco da Eurocidade Tomiño-Cerveira. A entrada á tamén chamada “A bienal dos pequeninos” é libre e gratuíta.

- Publicidade -spot_img