Inicio Val Miñor Nigrán O Concello de Nigrán reparte entre os escolares o conto dos Bolechas...

O Concello de Nigrán reparte entre os escolares o conto dos Bolechas ‘Que ben nos tratan en Nigrán’

Bolechas NigránO libro, no que se recoñecen diferentes puntos do municipio, desmonta estereotipos machistas todavía moi arraigados

O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana no CEIP A Cruz de Camos o reparto de mil unidades do conto dos ‘Bolechas’ titulado ‘Que ben nos tratan en Nigrán!’, adicado a promover a educación en igualdade dende a infancia. A iniciativa, que conta cun investimento de 6.136 € dos que  3.860 € forman parte dunha subvención do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, permitirá que se repartan entre todos os escolares do municipio de 3 a 7 anos de idade. Cada exemplar inclúe tamén unha pequena guía con exercicios para que as nenas e nenos realicen após a lectura da obra.

As famosas personaxes infantís, creadas polo debuxante e guionista Pepe Carreiro, viven durante un paseo por distintos puntos emblemáticos de Nigrán (A Foz do Miñor, o Templo Votivo, a Praia de Patos, a ponte romana… ) unha experiencia na que se van desmontando estereotipos sexistas moi enraizados na sociedade. Os Bolechas mostran, por exemplo, que non hai xoguetes nin cores para nena ou neno, que os bebés poden coidalos igual os homes que as mulleres, ou que mulleres e homes poden practicar os mesmos deportes. O conto, que arranca na Praza do Concello, remata no Pazo da Touza comendo todos roscón de Camos.

O obxectivo desta iniciativa do Concello é traballar a igualdade de xénero xunto con conceptos como a tolerancia, o respecto, a empatía, a autoestima ou a autoconfianza.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies