Inicio Pontevedra Baiona, A Guarda e Nigrán entre os dez concellos que se beneficiarán...

Baiona, A Guarda e Nigrán entre os dez concellos que se beneficiarán de axudas para contratar persoal nas Oficinas de Turismo

a-nova-oficina-de-turismo-de-baiona-estara-totalmente-operativa-na-festa-da-arribada
Oficina de Turismo de Baiona

Dez concellos da provincia de Pontevedra beneficiaranse de axudas para a contratación de personal nas Oficinas de Turismo

A Consellería de Cultura e Turismo vén de facer públicas as axudas para a contratación de persoal para 10 oficinas de información ao visitante da provincia: Poio, Baiona, Sanxenxo, Cangas, Mondariz-Balneario, A Guarda, Nigrán, O Grove, Sanxenxo e Cambados.

Estas axudas destínanse aos concellos declarados Municipios Turísticos, orientadas a colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo. Deste xeito, dáse cumprimento á Lei 7/2011, de 27 de outubro do Turismo de Galicia, que no seu artigo 29, determina que os municipios turísticos deben ser obxecto de atención preferente nas liñas e medidas de fomento económico establecidas pola Administración da Xunta de Galicia.

Destinaranse 49.785 euros á contratación de persoal nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro para potenciar a imaxe dos Municipios Turísticos

O obxectivo é manter a calidade no servizo de información turística que se presta nos municipios coa devandita declaración, e para iso, estimúlase a contratación de persoal de xeito que se potencie a imaxe tanto dos Municipios Turísticos de Galicia como de toda a Comunidade no exterior nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Oficina de Turismo no Porto da Guarda

O orzamento destinado a esta orde de axudas para toda Galicia foi de 300.000 euros, cun máximo de 5.200 euros por entidade beneficiaria. Os requisitos do persoal contratado serán estar en posesión do título de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

Do mesmo xeito, é tamén requisito indispensable que o concello conte coa declaración de Municipio Turístico galego, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de Municipio Turístico galego e declaración de Festas de Interese Turístico.

Oficina Turismo Praia Panxón – Nigrán

Os concellos declarados Municipios Turísticos son aqueles nos que, pola unha afluencia periódica ou estacional, a poboación anual de poboación turística é superior ao 25% do número de veciños. Tamén aqueles que contan cun número de aloxamentos turísticos e de segundas residencias superior ao 50% do número de vivendas de residencia primaria”. Ademais, deben acreditar que contan dentro do seu territorio con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes cinco veces superior a súa poboación e contar con servizos municipais como saneamento, recollida de residuos, protección civil e ordenación urbanística, entre outros.

A Xunta de Galicia mantén a súa aposta pola colaboración cos concellos de cara impulsar o turismo, colaborando na contratación de persoal nos meses de maior demanda turística, un apoio que parte do actual Goberno autonómico xa que naceu en 2013.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies